mainimg
Código: XF007
-
Espazos Singulares
Localización

Zona verde

Xardín do Colexio de Fonseca

Barrio

Cidade histórica

Parroquia

San Fructuoso

Información

Historia

Unha cápsula do tempo é un recipiente hermético no que se información por medio de documentos ou obxectos para que se conserve até ser recuperada, deixando unha testemuña do pasado ou unha mensaxe para o futuro.

Fixéronse este tipo de cápsulas dende tempos remotos, xa que se atopou unha en Mesopotamia, mais popularizáronse por mor da Exposición Universal de Nova York de 1939. Na actualidade é unha iniciativa moi popular grazas ao uso da internet e aos arquivos en formato dixital de fotografías, audios, textos e vídeos.

Descrición

No Xardín do Colexio de Fonseca localízanse dúas cápsulas do tempo. Estas serven para comprobar o paso dos anos dun xeito simbólico. Esta iniciativa forma parte do proxecto Once Uns, unha iniciativa da asociación Sentinel Wardrobe, e no que colabora a Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Estas dúas cápsulas soterráronse o 27 de abril de 2013. Unha delas será recuperada en 2047, 34 anos despois. En linguaxe binario, 2047 escríbese con once uns (11111111111), o que lle dá o nome ao proxecto.

A outra, denominada “a infantil” ou júnior, programouse para ser recuperada en 2016 e fose substituída por outra, que acompañaría á outra no seu soterramento até 2047.

Estas cápsulas serven para crear unha memoria dixital compartida. Ao contrario que as tradicionais cápsulas do tempo, estas son dixitais polo que non conteñen obxectos senón só información almacenada en lapis de memoria e tarxetas SD, achegados pola cidadanía e que conteñen información de calquera tipo, sen restricións de contido.

Fotos actuais


Fotos antigas


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)