mainimg
Código: FE004
-
Arboredo Singular
Localización

Zona verde

Parque da Finca do Espiño

Barrio

Galeras

Parroquia

San Fructuoso

Identificación

Nome científico

Diospyros kaki Thunb.

Nome común en galego

Caqui

Nome común en castelán

Caqui, palosanto o lodoñero

Información

Características

Está situado preto da área da porta do garaxe para os carruaxes do palacete do Espiño. Emprazado nunha agrupación de diferentes especies, como o freixo ou o teixo, entre as que é a única especie froiteira.

Orixe e distribución

Orixinario de Asia Oriental (China e Xapón) onde se cultiva dende o século VIII. En China atópase en estado silvestre en altitudes de até 2.500 metros sobre o nivel do mar.

Foi descrita en 1780 por Carl Peter Thunberg e introducida nas rexións cálidas de Europa e Estados Unidos como árbore froiteira durante o século XIX. Cultívase nas hortas da rexión mediterránea e sur de Francia, onde plántanse diferentes variedades, mais en Europa Central só resiste o inverno en aquelas rexións de clima adecuado para a vide. Non é unha froiteira moi común en Galicia.

Descrición

Árbore caducifolia de até 12 metros de altura, copa compacta e redondeada e tronco recto. A cortiza parda ten sucos ou escamas ao longo que se desprende en pequenas láminas. As follas son alternas, elípticas, acuminadas coa base cuneiforme, de cor verde escuro pola cara superior e máis clara a inferior.

Flores unisexuadas, as masculinas dispóñense illadas con catro pétalos amarelos que saen cara o mes de xuño para ser polinizadas mediante insectos. Froito en forma de baia, parecido a un tomate mais de coloración alaranxada, cos grandes sépalos adheridos, aínda de cor verde na época de madurez do froito, que madura dende outubro a novembro.

Etimoloxía

O nome do xénero provén do grego dios, que significa divino, e pyros, que quere dicir trigo ou cereal, polo que describiría unha froita ou gran divina, propia de Zeus. Kaki é o nome xaponés do froito, país onde se cultiva abundantemente e de onde provén a especie.

Tamén se coñece como o loto de Xapón, maceira oriental ou a árbore das sete virtudes. Foi elixida como a árbore da paz pola ONU porque foi a única árbore que sobreviviu a bomba atómica de Nagasaki en 1945.

Usos

Os froitos do caqui teñen un sabor doce moi agradable, de difícil comparación con outro froitos. Son comestibles cando están completamente maduros, mais unha vez recollidos non son de fácil conservación. É unha boa fonte de vitamina A e C, e contén minerais como potasio, ferro, magnesio ou calcio. Consúmense frescos, en ensalada ou elaborados en sobremesas, como o xeado ou marmelada.

Raramente a atopamos como árbore ornamental en parques e xardíns. A madeira é de cor pardogrisácea e moi dura, polo que se emprega na fabricación de pezas resistentes a golpes como varas, bolas...

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)