mainimg
Código: BO024
-
Masas Arboradas
Localización

Zona verde

Parque de San Domingos de Bonaval

Barrio

Concheiros-Almáciga-Espírito Santo

Parroquia

San Fructuoso

Identificación

Nome científico da especie dominante

Quercus robur L.

Nome común en galego

Carballo

Nome común en castelán

Roble

Biometría

Perímetro normal máximo/medio/mínimo

1,7/1,3/0,5 metros

Altura máxima/media/mínima

17/13/8 metros

Idades estimadas

60-70 anos

Información

Historia

No tempo dos frades, anterior á desamortización, a carballeira tiña unha gran importancia para o desenrolo da economía monacal:

- A madeira das árbores servía para construción, carpintería e ebanistería. Os restos de poda proporcionaban leña coa que cociñar nas lareiras e quentar as habitacións do convento nos meses fríos do inverno. Tamén usábase para facer carbón vexetal.

- Os froitos dos carballos, as landras, servirían para a alimentación dos monxes e os seus animais. Tamén se empregaba en forma de fariña para facer pan de landras, tras moelas nos abondosos muíños de río existentes na cidade.

- As follas e o ramaxe servían de forraxe para os animais, ao igual que as landras, coas que alimentaban aos porcos. Con elas tamén se facía a cama nas cortes, que logo serviría como esterco para as hortas monacais.

- Os taninos presentes en toda a árbore mais sobre todo na casca teñen propiedades tintóreas, polo que se empregaban na curtición de coiros. Tamén tiñan utilidade na medicina tradicional, xa que na botica do convento utilizaban a casca cocida para curar os catarros outonais.

Descrición

Esta zona arborada, a máis enxebre do parque, está situada na parte máis elevada do recinto ocupado polo Parque de San Domingos de Bonaval. Unha muralla sepáraa da rúa de Teo e das terrazas do cemiterio no espazo dos Campos Novos, ao mesmo tempo que uns vanos abertos neste muro serven como ámbito de comunicación entre eles.

Sobre esta muralla perimetral da carballeira medra unha vizosa vexetación que chamou poderosamente a atención do Premio Nobel de Literatura Gabriel García Márquez na súa visita a Santiago. O escritor a describiu como: En los muros intactos, la vegetación se abre paso por entre las grietas, en una lucha implacable por sobrevivir al olvido, y uno se encuentra en cada paso, como la cosa más natural del mundo, con el milagro de las piedras florecidas.

A carballeira está transitada por camiños retortos, dos que antes da rehabilitación só quedaban lixeiras referencias, polo que recuperouse o seu trazado mediante sendeiros de terra compactada, seguindo as trazas dun plano de 1796.

Os carballos teñen aquí unha gran importancia, mais poucos dos exemplares que podemos contemplar na actualidade perviven dos tempos anteriores á rehabilitación. Trátase de exemplares de carballo (Quercus robur), con algúns pés intercalados de carballo albar (Quercus petraea) moitos dos cales foi necesario plantar de novo para a reforestación da zona. Óptase por manter as árbores no lugar no que estaban para así non borrar a pegada do tempo e poder rexenerar o espazo.

Estas especies gañan todo o protagonismo fronte ás outras plantas da zona, como plátanos de sombra e pradairos situados no intradós do muro de peche, así como as especies arbustivas, de fácil mantemento. Na parte baixa da carballeira, xunto á Fonte do Lavadoiro, variadas especies vexetais combinan formas e colorido: o amarelo dos evónimos, o vermello dos pradairos, o azul das vincas e o rosa das fucsias, combinan coas azaleas e rododendros, que aumentan a calidade paisaxística do parque.

Entre os umbríos sendeiros da carballeira encontramos unha mina de auga rodeada de rododendros, aproveitando o manancial natural que coroa o cume baixo os vellos carballos.

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)