mainimg
Código: par062
-
Parques E Xardíns
Localización

Barrio

San Lourenzo-Campus Sur

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Parque patrimonial

Descrición

Este pequeno bosque, que ocupa unha superficie de máis de 8.000 m2 está catalogado como formación arbórea senlleira (Anexo II do Decreto 67/2007, de 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras), dado o seu valor histórico e a existencia dalgúns carballos centenarios e de gran porte.

Anexo ao Campus Universitario Sur, co que limita pola antiga estrada de Noia, representa o que en tempos afastados foi unha extensa carballeira, na que a principios do século XII se construíu o convento de San Lourenzo de Trasouto, posteriormente transformado no Pazo de San Lourenzo. Ademais de carballos, hai tamén aquí dous cruceiro e una fonte.

Bibliografía

FRAGA, M.I. Guía verde Santiago de Compostela. Alvarellos, Santiago de Compostela, 2010

Fotos actuais


Fotos antigas


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)