image
mainimg
Código: AL030
-
Masas Arboradas
Localización

Zona verde

Parque da Alameda

Barrio

Cidade histórica

Parroquia

San Fructuoso

Identificación

Nome científico da especie dominante

Quercus robur L.

Nome común en galego

Carballo

Nome común en castelán

Roble

Biometría

Perímetro normal máximo/medio/mínimo

3,8/2,2/1,1 metros

Altura máxima/media/mínima

22/17/7 metros

Idades estimadas

100-300 anos

Información

Historia

Segundo a lenda xacobea, o sepulcro do Apóstolo foi soterrado nas terras do bosque Libredón así que a carballeira viría sendo o resto que queda do gran arboredo daquel tempo. O certo é que o outeiro dos Poldros -como tamén se chamou nos tempos medievais- é un espazo intimamente ligado á historia da cidade.

Aquí construíu o arcebispo Diego Xelmírez unha capela en 1102 para acoller as reliquias de Santa Susana que trouxera de Braga; aquí se reunían as asembleas veciñais de maior concorrencia, aquí estivo a picota. A partir do século XVI a aba que caía sobre o camiño de Padrón (hoxe Xoán Carlos I) comezou a ser colonizada pola cidade e foise arranxando. E así, esa zona baixa primeiro foi unha zona de árbores que embelecía a entrada á cidade, logo naceron os paseos da Alameda; a construción da igrexa do Pilar, transformou radicalmente esa zona baixa.

No resto parece que as árbores formaron a vista predominante e temos noticia de varias replantacións ordenadas polos Concello; eran carballos, álamos ou freixos que trouxo a veciñanza de Marrozos, Conxo e Aríns por mandato da Corporación. Era unha sorte de devesa municipal na que a veciñanza podía coller leña (só das pólas) ou deixar o gando.

En 1831 Blas Galiano deseñou un primeiro proxecto de ordenación; tardou moito en desenvolverse pero acabaría conformando o paseo da Ferradura.

Descrición

Esta zona é o corazón físico e histórico da Alameda, sendo testemuña da aparencia antiga do outeiro de Santa Susana, que era un espazo forestal. A especie dominante é o Quercus robur (carballo), con algúns exemplares de gran porte e antigüidade.

A carballeira é un dos escenarios da historia da cidade por canto nela tiveron lugar as feiras de gando até o seu traslado en 1971; eran especialmente sinaladas as da Ascensión e do Apóstolo, que congregaban cantidades inxentes de persoas. Hoxe en día continua acollendo as barracas e atraccións nas festas desas datas.

Fotos actuais


Fotos antigas


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)