mainimg
Código: VA030
-
Masas Arboradas
Localización

Zona verde

Parque de Vista Alegre (Finca Simeón)

Barrio

Vista Alegre-San Xoán

Parroquia

Vista Alegre

Identificación

Nome científico da especie dominante

Quercus robur L.

Nome común en galego

Carballo

Nome común en castelán

Roble

Biometría

Perímetro normal máximo/medio/mínimo

3,7/2,6/1,6 metros

Altura máxima/media/mínima

21/18/15 metros

Información

Historia

Unha carballeira é un tipo de bosque onde a árbore máis abundante é o carballo (Quercus robur), aínda que soe estar acompañado por outras especies de árbores e arbustos. É o ecosistema típico de zonas de solos frescos e profundos na maior parte de Galicia, xa que é constitúe a vexetación climatófila oligótrofa da Iberia Eurosiberiana.

As carballeiras aséntanse normalmente sobre chans ácidos evolucionados a partir de rochas de tipo esquistoso, cuarcítico ou gneístico e mostran menores esixencias en nutrientes que os faiais ou bosques mixtos de frondosas cos que a miúdo contactan.

O carballo é unha especie algo máis heliófila que a faia e outras caducifolias do bosque mixto, polo que soporta unha deshidratación algo máis acentuada. A iso contribúen directamente as súas follas lixeiramente máis xeromorfas e mellor condutividade dos seus vasos e, indirectamente, a súa tolerancia ante os chans pouco aireados e mal drenados, onde dispón de auga sobreabundante.

A pesar disto, quedan poucos retallos en bo estado de conservación debido á extensa explotación á que o ser humano someteu a estes bosques. A súa localización en chans bos, transformables en prados de sega ou pasteiros, e a gran calidade da madeira do carballo propiciaron a súa destrución xeneralizada.

As carballeiras tiñan unha gran importancia para o desenrolo da economía rural, xa que tradicionalmente foron unha importante fonte de recursos:

- A madeira das árbores servía para construción, carpintería e ebanistería. Un bo exemplo deste uso sería que, debido á súa extraordinaria resistencia á humidade e a frecuencia dos carballos retorcidos que facilitaban a elaboración das cadernas dos barcos, moitas carballeiras foron conceptuados como montes da Mariña e explotadas intensamente en prol do interese estratéxico e militar.

- Os restos de poda proporcionaban leña coa que cociñar nas lareiras e quentar as habitacións do convento nos meses fríos do inverno. Tamén usábase para facer carbón vexetal.

- Os froitos dos carballos, chamadas landras, servirían para a alimentación das persoas e os seus animais. Tamén se empregaba en forma de fariña para facer pan de landras, tras moelas nos abondosos muíños de río existentes na cidade.

- As follas e o ramaxe servían de forraxe para os animais, ao igual que as landras, coas que alimentaban aos porcos domésticos. Con elas tamén se facía a cama nas cortes, que logo serviría como esterco para as hortas monacais.

- Os taninos presentes en toda a árbore mais sobre todo na casca teñen propiedades tintóreas, polo que se empregaban na curtición de coiros. Tamén tiñan utilidade na medicina tradicional, xa que utilizaban a casca cocida para curar os catarros outonais.

- O espazo ocupado polos carballos serviu tradicionalmente ao pobo galego como lugar para a celebración das súas feiras, mercados, romarías e todo tipo de concentracións públicas.

Descrición

Podemos apreciar facilmente a man humana na creación desta carballeira, na que os carballos están plantados seguindo varias aliñacións paralelas seguindo as liñas designadas polos muros do terreo da Casa dos Simeón. Moitos destes carballos son anteriores á construción da vivenda, polo que estarían asociados á época na que os propietarios desta horta eran os monxes beneditinos de San Martiño Pinario.

Ademais da disposición da plantación das árbores, tamén observamos a obra humana na explotación dos recursos que ofrecen os carballos, xa que moitos mostran signos de poda e decotado para a extracción de madeira.

Os caules e as pólas das árbores que forman esta carballeira son a base para outras formas de vida, como brións, fentos, liques ou herbáceas coma os couselos (Umbilicus rupestris), que medran sobre os carballos a varios metros do chan. O establecemento das diferentes especies de liques considérase como un bioindicador do grao de pureza atmosférica.

No chan da carballeira poderemos observar diferentes especies de cogumelos. Algúns deles, como a netorra (Russula virescens) medran asociadas ás raíces das árbores, mentres que outros reciclan os restos de plantas e axudan a enriquecer o solo da carballeira.

Tamén hai animais que viven asociados ás carballeiras, como o esquío (Sciurus vulgaris) ou o galo (Garrulus glandarius) que se alimentan das landras e disérsanas, facendo posible que os carballos colonicen novos lugares. A vacaloura (Lucanus cervus) é un insecto con poboacións en regresión debido á destrución das carballeiras, xa que as larvas desta especie pasan varios anos do seu ciclo vital alimentándose de madeira morta de carballo e doutras árbores.

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)