mainimg
Código: CS058
-
Sociocultural
Localización

Barrio

Ensanche

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Espazo feminista

Cronoloxía

2017

Descrición

Inaugurado no 2017, está situada na rúa Bernardo Barreiro de Vázquez Varela. Trátase dun espazo pedido dende hai moitos anos polos colectivos feministas e de mulleres. Busca ser un lugar de empoderamento e de transformación social, tendo por obxectivo o traballo por unha sociedade igualitaria. O seu obxectivo é encher este sitio de mulleres e ideas, mais tamén de homes feministas.

As cidades son espazos de convivencia, de tránsito de persoas, de experiencias vitais, de traballo, de lecer, de aprendizaxes… Son lugares onde converxen realidades e necesidades diversas, o urbano e o rural, mais tamén territorios onde se xeran desigualdades no acceso aos recursos, no acceso aos servizos, no goce dos dereitos sociais, económicos e culturais e onde a fenda de xénero as atravesa todas. As cidades son o que son as persoas que as habitan, que as visitan, que van e veñen, que ocupan os espazos privados e, sobre todo, as cidades son o que son as persoas que fan os espazos públicos.

Por todo isto, a Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento económico e Turismo puxo en marcha o proxecto “Compostela, territorio de mulleres”, implicando aos sectores sociais e económicos de Compostela na construción da cidade que queremos: máis accesible, máis inclusiva e máis igualitaria, porque unha cidade pensada para as mulleres é unha cidade mellor para toda a cidadanía.

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)