Parroquia
Aríns
Tipoloxía
Casa reitoral
Historia
Casa parroquial, casa do cura, casa reitoral ou reitoría son denominacións que se aplican á casa onde reside un cura, párroco, sacerdote, clérigo ou equivalente. Para outras xerarquías existen diferentes denominacións, como casa do dean, casa do cóengo e, se é a residencia dun bispo, denomínase pazo episcopal.
Son habitualmente propiedade da Igrexa, que se responsabiliza do seu mantemento a cargo das súas rendas, ou ben propiedade do pobo, que as poñen ao servizo do sacerdote que presta o seu servizo na parroquia, xa que se considera conveniente que vivan no lugar onde han de exercer o sacerdocio.
En confesións que permiten o matrimonio dos sacerdotes, como na relixión anglicana, as casas parroquiais son residencias familiares onde vive o párroco coa súa familia.
En Galicia, as casas reitorais están habitualmente construídas ao carón das igrexas, sendo frecuente atopar na mesma zona a igrexa, a casa reitoral e o campo da festa, formando o punto de encontro tradicional nas vilas e pobos galegos. Co despoboamento do rural a asignación de varias parroquias a un sacerdote, moitas casas reitorais atópanse a día de hoxe en estado de abandono.
A escaseza de sacerdotes xerou á Igrexa non só a necesidade de reorganizar a celebración de oficios nas distintas parroquias, senón tamén de buscar fórmulas para evitar a consecuente deterioro das casas reitorais, froito do seu abandono.
Para frear este proceso debido á falta de uso, as casas parroquiais galegas que non son utilizadas polos sacerdotes como residencia oficial, poden servir en moitas ocasións para a realización de actividades pastorais, como charlas, sesións de catequeses e demais actos promovidos pola Igrexa.
Outra reutilización destes edificios pasa pola venda ou o alugueiro. O establecemento de contratos entre Igrexa e cidadáns para ocupar temporalmente as casas, outrora vivendas oficiais dos párrocos, é unha práctica bastante estendida en zonas rurais, onde a diocese apostou por ceder os seus inmobles para garantir o seu sostemento, á vez que percibe unha remuneración polo arrendamento. Froito da venda destes inmobles supuxo a súa proliferación no turismo rural.