mainimg
Código: VA010
-
Arboredo Singular
Localización

Zona verde

Parque de Vista Alegre (Finca Simeón)

Barrio

Vista Alegre-San Xoán

Parroquia

San Fructuoso

Identificación

Nome científico

Aesculus hippocastanum L.

Nome común en galego

Castiñeiro das Indias ou castiñeiro das bruxas

Nome común en castelán

Castaño de Indias, falso castaño o castaño loco

Biometría

Perímetro normal

2,7 metros

Altura

18 metros

Diámetro de copa

16 metros

Idade estimada

110 anos

Información

Características

Tres exemplares de gran porte cobren, coas súas amplas copas, un terreo situado próximo á Casa Europa. No inverno, ao perder as follas, deixan pasar a tenue luz cara o merendeiro situado entre eles, mentres que no verán, a sombra fai deste lugar un sitio agradable onde refuxiarse da calor estival. Teñen unha gran produción de castañas, que no outono enchen o chan da zona e quedan sen recoller, xa que non teñen bo sabor.

Orixe e distribución

Orixinario da Península Balcánica do leste de Bulgaria, aclimátase ben nas rexións de clima temperado, polo que foi introducido con éxito no resto de Europa xa en 1615 como árbore urbana. Prefire solos frescos e fértiles, mais tolera ben todos os tipos.

Descrición

Árbore de grandes follas caedizas, palmeadas e compostas por 5 ou 7 folículos de borde dentado. As súas fermosas flores son hermafroditas, agrupadas en inflorescencias piramidais, que dan lugar a un froito espiñado no que medran unhas sementes grandes, de sabor amargo, coñecidas co nome de castañas da envexa.

Ten un porte maxestoso, xa que pode chegar a alcanzar os 20 metros de altura e expandirse case en igual medida ao ancho. Ten o madeiro groso de cortiza gris, lisa cando a árbore é nova, mais que se vai agretando ao avellentar.

Etimoloxía

Aesculus é o nome latino da aciñeira, e hippocastanum significa castaña para cabalos, xa que hai 3.500 anos os hititas empregaban estes froitos como alimento para as súas monturas, que preñan e aliviaban a inflamación que producía nas patas o esforzo do galope.

O seu nome común provén de que o seu froito é moi parecido aos do castiñeiro e outras especies do xénero Castanea. Ademais, críase que procedía da India, aínda que hoxe en día coñécese mellor a súa orixe europea.

Usos

O seu estendido uso nas cidades débese a súa gran capacidade de xerar sombra e ao seu valor ornamental, pois teñen unha floración espectacular. Contan cun crecemento rápido e gran resistencia ante pragas e enfermidades, polo que se utiliza como árbore de parques e aliñacións urbanas.

Durante a Segunda Guerra Mundial, as castañas da envexa foron moídas e preparadas como substituto do café, mais non é moi recomendable comelas xa que son moi amargas. Ten múltiples usos medicinais, pois a aescina e a aesculinna que conteñen son un remedio contra enfermidades vasculares. Ademais, os froitos empréganse como amuleto contra o mal de ollo.

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)