mainimg
Código: AL114
-
Arboredo Singular
Localización

Zona verde

Parque da Alameda

Barrio

Cidade histórica

Parroquia

San Fructuoso

Identificación

Nome científico

Quercus faginea Lam.

Nome común en galego

Caxigo

Nome común en castelán

Quejigo o roble carrasqueño

Información

Características

Árbore situada na Carballeira de Santa Susana, rodeada de exemplares de carballo (Quercus robur) que é a especie predominante no outeiro. Non é o único exemplar do xénero Quercus na zona, xa que tamén hai un carballo americano (Quercus rubra) e varios cerquiños (Quercus pyrenaica).

Orixe e distribución

O caxigo é unha especie endémica da Península Ibérica e do norte de África. Localízanse en zonas entre os 600 e 1.200 metros de altitude, nos vales de montaña. A subespecie broteroi ocupa sobre todo o cuadrante suroccidental peninsular e o noroeste de África, mentres que a subespecie faginea aparece na metade oriental peninsular, facéndose escasa cara o oeste.

Descrición

Árbore de certo porte, xa que pode alcanzar os 25 metros, e de características moi semellantes ás da aciñeira (Quercus ilex). Ten follas simples, alternas e caducas, coa marxe dentada, na que os dentes miran cara o ápice. É unha especie semicaducifolia, xa que as follas posúen a característica da marcescencia, na que algunhas delas permanecen secas sobre a planta até que ao ano seguinte o brote das follas novas fainas caer.

As flores nacen na primavera, as masculinas agrupadas en amentos colgantes de cor amarela-ocre, e as femininas son pequenas e aparecen illadas. Os seus froitos son landras que adoitan ser amargas.

Etimoloxía

Quercus era o nome romano dos carballos en xeral e da súa madeira, e por extensión de todas as árbores que producen landras. A orixe do vocábulo é celta, co significado de árbore fermosa. O epíteto faginea púxollo o francés Jean-Baptiste de Lamarck, porque lle pareceu que as súas follas semellaban ás do faia (Fagus sylvatica), aínda que en realidade son ben diferentes.

O nome común de caxigo procede de caxico, raíz prerromana empregada para designar algunhas especies do xénero quercus.

Usos

En xeral a madeira do caxigo usouse para os mesmos fins que a da aciñeira ou o carballo: combustible como leña ou para elaborar carbón vexetal. As súas landras empréganse como forraxe do gando, que xunto coas das sobreiras (Quercus suber) e aciñeiras (Quercus ilex), utilízanse para alimentar aos porcos que se crían para producir o afamado xamón ibérico.

A súa madeira emprégase na construción para travesas e vigas, xa que é de gran calidade. Tamén se emprega en bocois e carpintería. Co madeira de caxigo fixéronse as armazóns para a construción das catedrais góticas.

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)