mainimg
Código: CS001
-
Arboredo Singular
Localización

Zona verde

Campus Universitario Sur

Barrio

San Lourenzo-Campus Sur

Parroquia

San Fructuoso

Identificación

Nome científico

Cedrus atlantica (Endlicher) G. Manetti ex Carrieère

Nome común en galego

Cedro do Atlas

Nome común en castelán

Cedro del Atlas

Biometría

Perímetro normal

2,65 metros

Altura

21 metros

Diámetro de copa

15 metros

Información

Características

Tanto os cedros do Atlas coma os do Himalaia (Cedrus deodara) son as árbores de maior tamaño do Campus Sur. Algúns alcanzan os 4 metros de perímetro, xa que foron plantados nas primeiras fases de axardinamento da antiga Residencia Universitaria.

Dous cedros do Atlas están situado no xardín dianteiro da Facultade de Química, un edificio deseñado en 1930 por Jenaro de la Fuente. Flanquean a porta principal de entrada, sendo este o localizado á man esquerda mirando para o edificio.

Orixe e distribución

Procedente do norte de África, da cordilleira do Atlas e das montañas de Alxeria e Marrocos. Foi descuberto polo botánico inglés Philipp Barker Webb en Tánxer durante 1826, e levado a Francia en 1860 para repoboar as montañas mediterráneas, onde non prosperou o seu cultivo masivo.

Descrición

En estado natural vive entre os 1.200 e 2.800 metros de altitude. En casos excepcionais medra até 50 metros de altura e 5 metros de diámetro do tronco, acadando os 1.000 anos de vida.

É doado de recoñecer polo seu porte piramidal e polas súas pólas que tenden a inclinarse cara arriba nos seus extremos. Ademais, as súas acículas, agrupadas en penachos, non superan os 3 centímetros de lonxitude. As piñas crecen ergueitas sobre as pólas, con forma de barril.

Etimoloxía

O nome xenérico ten a súa orixe nunha mala interpretación de Linneo, pois chamou Pinus cedrus ao cedro do Líbano, mais o cedro dos romanos era o xenebreiro (Juniperus oxycedrus). Postos a buscar a orixe etimolóxica, outros supoñen que o cedro, en latín cedrus, deriva de kedroum-kedr (poderoso en árabe), pola grandeza e robusteza destas árbores.

Hai algúns autores que o consideran unha subespecie do cedro do Líbano (Cedrus libanii), clasificándoo como Cedrus libani var. Atlantica. O nome específico atlantica alude á súa procedencia atlásica.

Usos

É usada para reforestas e como árbore ornamental, pois soporta todo tipo de solos e resiste a contaminación atmosférica.

A súa madeira pardo-vermella é de boa calidade, de gran fino, branda e doada de traballar, podendo aguantar inalterable 100 anos. Úsase na construción e carpintería. No xardín da Casa Branca en Washington DC, hai un cedro do Atlas, no que o presidente Jimmy Carter construíu unha casa na árbore para a súa filla Amy.

O aroma da súa madeira é un eficaz repelente de trazas, polo que figuras feitas coa súa madeira se colgan dos armarios ou se emprega en cofres para a roupa branca. O aceite e a resina dos cedros utilizáronse no antigo Exipto para embalsamar momias, e emprégase en farmacia polas súas propiedades bactericidas.

Fotos actuais


Fotos antigas


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)