Zona verde
Parque do Monte da Almáciga
Parroquia
San Fructuoso
Tipoloxía
Centro cívico
Cronoloxía
2012
Historia
A Asociación de Veciños Francisco Asorey foi fundada no ano 1980. Leva o nome do escultor Francisco Asorey en lembranza dun dos máis ilustres veciños que habitaron o barrio da Almáciga. O obxectivo do nacemento da asociación foi o de demandar melloras para este barrio e acadar unha maior calidade de vida para a súa veciñanza. A consecución do local social en 2012 levou parella o inicio das numerosas actividades e cursos que ocupan case que a totalidade das franxas horarias.
Algunhas actividades desenroladas pola asociación son xa un clásico do calendario de festas do barrio da Almáciga, como a organización da tradicional cacharela e sardiñada de San Xoán, así como o desenvolvemento doutras actividades culturais e de lecer.
Descrición
Os centros cívicos son espazos para a dinamización da vida social e cultural de Compostela. Son equipamentos de uso comunitario, onde se organizan actividades que pretenden fomentar a convivencia dos veciños a través de programas de ocio, culturais e aprendizaxe. Están abertos á participación de todos os veciños de Compostela.
A Rede de Centros Cívicos de Santiago están concibidos para o uso e aproveitamento comunitario, tendo o obxectivo de fomentar a convivencia entre os veciños e impulsar a súa participación nestes espazos.
Unha vez escoitadas as propostas e suxestións dos veciños, prográmanse un conxunto de actividades dirixidas á maior franxa posible de interesados, garantindo así unha proposta global e plural.
O tipo de actividades que se poden atopar nos cívicos, son as que se describen a continuación.
Actividades culturais e tempo libre:
- Cursos, talleres sobre distintas prácticas artísticas.
- Exposicións e exhibicións de pequeno formato.
- Representacións teatrais e musicais.
- Visitas culturais.
- Charlas, conferencias e mesas redondas sobre temática actualizada.
Actividades de promoción social e saúde:
- Clubes variados (maiores, viaxeiros, fotografía, natureza, lectura, astronomía ou arte).
- Obradoiros de relaxación (ioga, taichi, aromaterapia ou musicoterapia).
- Charlas de educación para a saúde, alimentación e vida saudable.
Servizos que se prestan nos centros cívicos:
- Espazos para xuntanzas de entidades (previa petición).
- Espazos para exposicións.
- Bibliotecas.
- Aulas de lectura e xogo infantil.
- Salas de informática.