mainimg
Código: CS049
-
Sociocultural
Localización

Parroquia

Figueiras

Información

Tipoloxía

Centro de interpretación

Historia

A antiga escola unitaria da Portela de Figueiras era unha das moitas existentes no rural galego hai varias décadas, reflexando a vida propia nas unidades de poboación das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente.

Estas parroquias foron, pouco a pouco, sendo despoxadas da súa organización e estrutura, cando os mestres deixaron de vivir na mesma parroquia, os curas escasearon, e as escolas pasaron a ser grupos escolares xeralmente na capitalidade do concello para optimizar os recursos e estruturar a formación dos alumnos. Os habitantes do rural emigraron aos pobos veciños, á capital da provincia, ás zonas máis desenvolvidas do Estado ou ao estranxeiro, co consecuente despoboamento do rural.

Mantivéronse determinadas escolas unitarias, ben para educación preescolar, ben porque a entidade do núcleo permitía ou esixía esa individualidade, mais foron desaparecendo pola diminución da matrícula ao reducirse a poboación.

Destacar que as escolas unitarias deron a oportunidade de alfabetizar a todo o mundo na mesma parroquia de residencia, quedando na memoria de moitas xeracións educadas neste modelo propio da educación galega.

Descrición

O Centro de Interpretación do Medio Rural da Portela, ubicado no que foi a escola unitaria de Portela, na parroquia de Figueiras, crease co obxectivo de promover a conciencia de interrelación que se dá entre as actividades humanas e o territorio. Este equipamento municipal constitúe un recurso importante para coñecer aspectos sobre o medio rural, a conservación da contorna e o uso sostible dos recursos.

Preténdese que os máis cativos poidan coñecer e gozar do medio rural, a súa xente e as tradicións que se foron perdendo co progresivo crecemento das urbes. Mais non só os rapaces poden gozar do centro, senón que tamén os veciños poden compartir os seus coñecementos e anécdotas cos máis novos e ensinarlles os segredos da natureza que a súa experiencia lles deu.

Os obxectivos cos que naceu o Centro de Interpretación do Medio Rural da Portela, son os que se expoñen a continuación:

- Concienciar aos nenos da importancia do mantemento do Medio Rural.

- Saber gozar do entorno e da natureza.

- Educar en valores medioambientais.

- Contribuír coa entorna para mellorala.

- Sensibilizar na importancia da reciclaxe, a reutilización e a diminución de residuos.

- Desenvolver as capacidades de creación e expresión artísticas.

- Potenciar a imaxinación dos rapaces.

- Divertir aos nenos mentres aprenden as nosas tradicións.

- Concienciar na importancia de manter as nosas raíces galegas.

- Facilitar aos nenos a posibilidade de experimentar vivencias distintas.

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)