
Zona verde
Parque do Monte da Almáciga
Parroquia
San Fructuoso
Tipoloxía
Centro de creación cultural
Cronoloxía
2016
Autor
Arquitav Arquitectos
Descrición
O Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga, dependente do Concello de Santiago de Compostela a través de Concellería de Mocidade, é un espazo especificamente deseñado para a mocidade de Compostela. Oferta formación ás persoas residentes na cidade, que estuden ou traballen nela, con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos; ademais, organiza espectáculos de acceso libre sen limitación de idade, e acolle as iniciativas que a propia cidadanía achegue de forma directa.