mainimg
Código: AL100
-
Arboredo Singular
Localización

Zona verde

Parque da Alameda

Barrio

Cidade histórica

Parroquia

San Fructuoso

Identificación

Nome científico

Quercus pyrenaica Willd.

Nome común en galego

Cerquiño, carballo cerqueiro ou rebolo

Nome común en castelán

Melojo, rebollo ou roble negro

Información

Características

Árbore situada na aliñación de carballos (Quercus robur) situada no bordo do paseo, confundíndose entre eles. Para localizalo podemos axudarnos do Monumento a Valle Inclán, situado fronte ao cerquiño.

Orixe e distribución

A súa área natural esténdese polo suroeste de Francia, a Península Ibérica e o noroeste de Marrocos. Está presente en case todas as provincias españolas, onde medra nas montañas de climas húmidos, entre os 400 e os 1.600 metros de altitude. É máis abundante na zona sur e leste de Galicia, aínda que no resto tamén se pode atopar mesturada co carballo.

Descrición

Árbore que pode chegar aos 20 metros de altura, coa copa irregular e tronco agretado e recto, de cortiza cor parda. Posúe un potente sistema radical cun eixo central profundo e moitas raíces horizontais. A ramificación comeza a baixa altura do madeiro.

A folla é simple, coa marxe de lóbulos profundos e densamente cubertas de pelos no envés, mentres que na face a presenza destes pelos é menor. É unha especie semicaducifolia xa que as follas posúen a característica da marcescencia, na que algunhas delas permanecen secas sobre a planta até que ao ano seguinte o brote das follas novas fainas caer.

Florece en primavera, desenrolándose as flores masculinas en filamentos alongados colgantes de cor amarela chamados amentos. A partir da flor feminina fórmase o froito, un aquenio denominado landra.

Etimoloxía

Quercus era o nome romano dos carballos en xeral e da súa madeira, e por extensión de todas as árbores que producen landras. A orixe do vocábulo é celta e significa árbore fermosa. A especie pyrenaica debe o seu nome á cordilleira dos Pirineos, onde curiosamente non ten unha gran presenza. Esta denominación estableceuna o botánico Willdenow en base a unhas mostras de herbario que creu procedía desas montañas.

O nome común en castelán de melojo derívase do latín malum folium, folla mala. Nalgúns lugares denomínase rebolo, aludindo á súa facilidade de rebrote.

Usos

Rebrota facilmente dende a raíz, o que lle permite resistir ben aos incendios forestais e ao pastoreo. Os novos brotes teñen un especial valor forraxeiro.

A madeira é de peor calidade que a dos carballos, mais tense empregado en construción para a fabricación de vigas de casas e minas, travesas nas vías de tren, chans de parqué e bocois de viño. Tamén utilízase la elaboración de carbón vexetal e como leña, sendo moi apreciada para estes usos polo seu gran poder calorífico.

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)