mainimg
Código: PC010
-
Biosaudables
Localización

Zona verde

Praza da Constitución

Barrio

Ensanche

Parroquia

San Fructuoso

Información

Descrición

A Praza da Constitución é unha gran zona de lecer na que destaca integración entre xeracións por medio das súas diferentes instalacións para o ocio e o mantemento físico: os máis novos contan cun parque infantil, para a mocidade están as pistas de skate e a skatepraza, os adultos teñen a zona de adestramento e os máis maiores poden empregar o circuíto biosaudable.

O circuíto biosaudable instalado na Praza da Constitución no verán de 2007 foi o primeiro co que se contou nas zonas verdes urbanas de Santiago de Compostela. Esta primeira zona deportiva para adultos contaba con dous espazos diferenciados, un deles formado por un circuíto para maiores e o outro consta de 17 elementos para a práctica de exercicios de baixa intensidade como barras paralelas, banco de abdominais, barras de estiramentos...

O circuíto deportivo ocupa unha área duns 100 metros cadrados e está provisto con chan de caucho de seguridade. Consta de diferentes elementos para realizar exercicios adaptados a idades avanzadas e aos problemas de saúde propios delas, entre os que poderemos atopar unha escaleira de chanzos de madeira, ramplas, unha ponte de chanzos en suspensión e barras metálicas en diferentes alturas.

Sen embargo, este circuíto pode ser empregado por persoas de todas as idades, xa que está destinado ao mantemento da forma física xeral nun nivel básico por medio de exercicios explicados nun panel informativo.

O aumento da esperanza de vida e o envellecemento da poboación, xeraron un cambio demográfico importante, sendo un dos principais fenómenos sociais do século XXI. A cantidade de anos vividos están estreitamente vinculados co estado do noso organismo, e algúns hábitos como o sedentarismo, tabaquismo ou tensión, poden acelerar o noso proceso de envellecemento, mentres que a práctica de exercicio corporal continuo contribúen a retrasalo.

A realización habitual de actividades físicas non só é recomendable para reducir as posibilidades de sufrir problemas cardiovasculares, hipertensión, colesterol, osteoporose ou diabete; senón que ademais ofrece unha gran posibilidade de socialización con outras persoas, sobre todo se as prácticas deportivas están desempeñadas en parques públicos.

Levar a cabo programas de exercicio físico de forma habitual con exercicios aeróbicos, de flexibilidade, de resistencia ou de equilibrio; é clave para asegurarnos que a persoa poderá seguir realizando todas as actividades diarias con satisfacción, conservando desta forma a súa autonomía.

Diversos estudos mostran que a existencia de espazos específicos para practicar estes exercicios é clave para motivar positivamente aos maiores e persoas de todas as idades, para realizar estes programas físicos regularmente. Por iso, o Concello de Santiago de Compostela estableceu un programa que pretende dotar a diferentes zonas verdes do municipio de aparatos de exercicios biosaudables para o uso e goce de toda a poboación interesada.

O crecente interese nas actividades deportivas ao aire libre, con especial consideración ao ocio e o entretemento, motivan polo tanto o establecemento deste conxunto de accesorios de ximnasia para uso público nos parques e xardíns da cidade de Compostela. A súa localización nestas zonas verdes saca proveito da contorna vexetal para o acondicionamento físico ao aire libre, combinando a práctica deportiva, exercicios de rehabilitación e mantemento da saúde, co lecer nunha contorna saudable.

Os elementos seleccionados están especialmente deseñados para o exercicio cardiovascular de baixa intensidade, especialmente indicado para persoas maiores. Os equipos contan con instrucións moi sinxelas para realizar os exercicios de forma óptima, presentando información acerca dos beneficios de realizar tal exercicio ou as zonas do corpo que traballan.

En xeral, o uso destes aparatos ten as seguintes vantaxes:

- Desenvolve e fortalece a musculatura.

- Mellora a axilidade e flexibilidade das articulacións.

- Restablece a coordinación psicomotora, a mobilidade e o equilibrio.

- Aumenta a capacidade cardio-pulmonar.

- Mellora a circulación e o sistema nervioso.

- Logra a interacción social entre os usuarios dos aparatos.

Os circuítos biosaudables constitúen puntos de encontro, diversión e interacción entre persoas de distintos grupos de idade, o que aumenta a motivación por parte dos individuos para participar activamente no mantemento das súas funcións motoras.

A idea dos parques de exercicios orientados especificamente para a ximnasia suave ao aire libre foi importada da China, unha sociedade que demostra un envexable respecto e admiración polas persoas maiores e onde a práctica de deporte ao aire libre é un hábito bastante estendido. A nivel europeo, os Dynamic Garden, parques xeriátricos ou circuítos biosaudables, comezaron a comezos do 2005 en Finlandia, co obxectivo de promover e motivar ás persoas maiores a facer exercicio, comunicarse e divertirse en contornas naturais.

Data de instalación

2007

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)