mainimg
Código: CA018
-
Biosaudables
Localización

Zona verde

Parque Carlomagno

Barrio

Fontiñas

Parroquia

San Fructuoso

Información

Descrición

O aumento da esperanza de vida e o envellecemento da poboación, xeraron un cambio demográfico importante, sendo un dos principais fenómenos sociais do século XXI. A cantidade de anos vividos están estreitamente vinculados co estado do noso organismo, e algúns hábitos como o sedentarismo, tabaquismo ou tensión, poden acelerar o noso proceso de envellecemento, mentres que a práctica de exercicio corporal continuo contribúen a retrasalo.

A realización habitual de actividades físicas non só é recomendable para reducir as posibilidades de sufrir problemas cardiovasculares, hipertensión, colesterol, osteoporose ou diabete; senón que ademais ofrece unha gran posibilidade de socialización con outras persoas, sobre todo se as prácticas deportivas están desempeñadas en parques públicos.

Levar a cabo programas de exercicio físico de forma habitual con exercicios aeróbicos, de flexibilidade, de resistencia ou de equilibrio; é clave para asegurarnos que a persoa poderá seguir realizando todas as actividades diarias con satisfacción, conservando desta forma a súa autonomía.

Diversos estudos mostran que a existencia de espazos específicos para practicar estes exercicios é clave para motivar positivamente aos maiores e persoas de todas as idades, para realizar estes programas físicos regularmente. Por iso, o Concello de Santiago de Compostela estableceu un programa que pretende dotar a diferentes zonas verdes do municipio de aparatos de exercicios biosaudables para o uso e goce de toda a poboación interesada.

O crecente interese nas actividades deportivas ao aire libre, con especial consideración ao ocio e o entretemento, motivan polo tanto o establecemento deste conxunto de accesorios de ximnasia para uso público nos parques e xardíns da cidade de Compostela. A súa localización nestas zonas verdes saca proveito da contorna vexetal para o acondicionamento físico ao aire libre, combinando a práctica deportiva, exercicios de rehabilitación e mantemento da saúde, co lecer nunha contorna saudable.

O circuíto biosaudable instalado no Parque Carlomagno está composto de catorce máquinas de exercicios colocados en ringleira a carón do paseo inferior, nun dos estremos desta zona verde. Contan cun doado acceso, evitando as longas escaleiras e marcadas pendentes que caracterizan a orografía da contorna.

Estas máquinas de exercicios están deseñados para o exercicio cardiovascular de baixa intensidade, especialmente indicado para as persoas maiores. Divídense en dous grandes grupos de exercicios, os elementos de acondicionamento físico e os de saúde integral, e están debidamente sinalizados por medio de carteis e instrucións sinxelas, que axudan a realizar os exercicios de forma óptima, presentando información acerca dos beneficios de realizar tal exercicio ou as zonas do corpo que traballan.

En xeral, o uso destes aparatos ten as seguintes vantaxes:

- Desenvolve e fortalece a musculatura.

- Mellora a axilidade e flexibilidade das articulacións.

- Restablece a coordinación psicomotora, a mobilidade e o equilibrio.

- Aumenta a capacidade cardio-pulmonar.

- Mellora a circulación e o sistema nervioso.

- Logra a interacción social entre os usuarios dos aparatos.

Os circuítos biosaudables constitúen puntos de encontro, diversión e interacción entre persoas de distintos grupos de idade, o que aumenta a motivación por parte dos individuos para participar activamente no mantemento das súas funcións motoras.

A idea dos parques de exercicios orientados especificamente para a ximnasia suave ao aire libre foi importada da China, unha sociedade que demostra un envexable respecto e admiración polas persoas maiores e onde a práctica de deporte ao aire libre é un hábito bastante estendido. A nivel europeo, os Dynamic Garden, parques xeriátricos ou circuítos biosaudables, comezaron a comezos do 2005 en Finlandia, co obxectivo de promover e motivar ás persoas maiores a facer exercicio, comunicarse e divertirse en contornas naturais.

Data de instalación

2011

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)