
Zona verde
Praza da Constitución
Parroquia
San Fructuoso
Tipoloxía
Pista deportiva
Descrición
A Praza da Constitución é unha gran zona de lecer na que destaca integración entre xeracións por medio das súas diferentes instalacións para o ocio e o mantemento físico: os máis novos contan cun parque infantil, para a mocidade están as pistas de skate e a skatepraza, os adultos teñen a zona de adestramento e os máis maiores poden empregar o circuíto biosaudable.
A reforma da zona verde existente na Praza da Constitución tivo como principal obxectivo o de xerar espazos que poidan ser utilizados polos diferentes usuarios, mellorando a convivencia entre os cidadáns e compatibilizando os seus diferentes usos do parque. Ademais da reforma dos elementos xa existentes, para potenciar este aspecto socializador interxeracional instalouse esta zona de adestramento, que conta cun circuíto de calistenia e street workout.
Estas prácticas deportivas están a ter unha crecente demanda entre a sociedade, polo que as novas instalacións veñen a ofertar unha área onde poder practicalas nunha contorna natural, mais sen deixar de lado a seguridade, xa que conta con pavimento de seguridade a base de caucho sintético, deixando un corredor perimetral para o tránsito. Tamén ten un cartel explicativo sobre os diferentes exercicios que poden ser realizados no circuíto.
Os exercicios de calistenia, os de peso corporal (bodyweight exercises) e o street workout ou exercicios ao aire libre, teñen os mesmo principios: trátase de exercicios para a ganancia de forza e músculo que non requiren de pesas nin maquinarias, xa que o peso corporal é a principal fonte de resistencia. A diferenza radica no tipo de intensidade coa que se leva a cabo os adestramentos, tendo cada un deles un estilo ou forma de uso diferente do propio peso corporal para realizar adestramentos de forza.
O exercicio ao aire libre pode ser moito máis beneficioso que adestrar nun ximnasio ou en calquera outro tipo de recinto pechado por moitas razóns:
- O adestro é máis eficaz, xa que hai moitas máis variables que un ambiente interior non pode replicar: hai cambios no terreo, o vento en contra incrementa a resistencia... polo que o adestro é en xeral máis intenso.
- Hai mellor ambiente nos espazos abertos porque nunca se sabe o que se vai a descubrir, con quen se vai coincidir ou as vistas que se poden contemplar, que fan que o exercicio sexa máis entretido e motivador.
- Os adestramentos ao aire libre melloran o estado de ánimo e son máis satisfactorios, polo que as persoas que se exercitan ao aire libre fano durante máis tempo e con maior frecuencia que aquelas que non.
- Aumenta a exposición aos raios solares e aos beneficios que ten sobre a saúde, debidos principalmente á síntese de vitamina D3.
Pistas
1
Deportes
Workout e calistenia
Data de instalación
2019