mainimg
Código: PR116
-
Patrimonio
Localización

Parroquia

Aríns

Información

Tipoloxía

Cruceiro

Cronoloxía

1736

Historia

Os cruceiros son, xunto cos hórreos, os monumentos populares máis característicos de Galicia. Un cruceiro é un monumento de pedra formado por una plataforma con gradas, un pedestal sobre o que vai unha columna e está coroado por unha cruz na que, na maioría dos casos, por un dos seus lados está gravada a imaxe de Cristo na cruz e no outro aparece a Virxe.

É difícil saber como aparecen os primeiros cruceiros. A súa orixe vincúlanse cos miliarios romanos e as cruces dos peregrinos. Os cruceiros galegos máis antigos que se conservan son o de Melide, do século XIV, e o do Home Santo situado na porta do Camiño, do século XV. Son relativamente abundantes os cruceiros góticos dos séculos XV e XVI, aínda que o único elemento orixinal que se conserva deles é a cruz.

A finais do século XVI nace o cruceiro barroco, cunha gran expansión polo rural debido á repercusión do Concilio de Trento. Na iconografía destes monumentos pasa a ter máis protagonismo o tema da morte, polo que Xesucristo se representa nun estado de gran agonía ao igual que a Virxe do reverso. O período de maior auxe dos cruceiros no rural galego terá lugar no século XIX e no primeiro terzo do XX, debido ao crecemento económico motivado pola chegada do capital da emigración e o aumento da devoción popular.

O estudo dos cruceiros está unido á figura de Castelao, quen dedicou gran parte da súa vida a investigar e escribir sobre os cruceiros galegos en comparación cos da Bretaña, cos que atopou grandes similitudes.

Descrición

Cruceiro do tipo de crucifixo, que presenta plataforma cun chanzo, o cal está moi soterrado e non se descartaría que tivera máis e foran tapados polas obras da construción da estrada que hai ao seu carón. Na plataforma atópase a base, coa aresta superior rebaixada e gravadas letras nos seus lados cos nomes das persoas que o costearon pola súa devoción, mais que non están moi visibles. No arranque cuadrangular do varal vai gravado o ano de construción (1736) e despois tórnase octogonal. Despois da aresta superior do varal podemos apreciar un capitel rematado en ábaco moldeado, no que podemos apreciar pola cara que vai o Cristo, un monxe co hábito franciscano que ben pode referirse a San Francisco, e pola cara contraria, unha figura dun santo que ten un can que podería ser San Roque, patrón de Santiago. Nas outras dúas van caras de anxos. Enriba da plataforma do capitel vai a cruz de brazos de forma cilíndrica con Cristo crucificado e polo reverso a Virxe.

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)