
Zona verde
Parque Xixón
Parroquia
San Fructuoso
Tipoloxía
Escultura
Cronoloxía
1999
Autor
Silverio Rivas
Descrición
Compostela foi Capital Europea da Cultura no ano 2000. Para festexalo, unha das moitas intervencións culturais que se realizaron, foi a instalación dunha peza conmemorativa da entrada do novo milenio. Encargóuselle a obra a Silverio Rivas, baluarte da abstracción escultórica galega e destacado integrante do movemento Atlántica, que quixo ancorarse na tradición milenaria do noso pobo en relación coa pedra e o ritual. Unha liña estética e discursiva que bebe da arte rupestre e a construción megalítica atlántica.
A escultura está localizada no Parque Xixón, destacando na paraxe verde grazas á súa feitura en granito branco. Unha contorna na que se atopan varias pezas escultóricas mías, de grande interese formando un conxunto orgánico e inspirador, onde tamén podemos gozar da Lagoa do Auditorio de Galicia. Unha zona verde moi preto do centro da cidade, mais lonxe do balbordo das rúas máis transitadas. Un paseo que paga a pena realizar.
Bibliografía
Micropatrimonio de Compostela - Escultura Contemporánea. Concello de Santiago e Compostela Cultura, 2019