
Zona verde
Parque da Alameda
Parroquia
San Fructuoso
Tipoloxía
Arquitectura civil
Cronoloxía
1908-1909
Autor
Antonio Palacios Ramilo
Historia
Aínda que é posterior á vivenda modernista que ten ao carón, é evidente que este edificio fala unha linguaxe diferente que o vincula coas construcións centroeuropeas (modernismo vienés) e sobre todo co estilo persoalísimo do seu arquitecto.
Rehabilitado recentemente, o edificio recuperou o seu esplendor e monumentalidade orixinal, aínda que as transformacións feitas no século XX nos impidan gozar da percepción antiga do espazo ou das marquesiñas acristaladas dos laterais, hoxe desaparecidas. Despois de varios usos diferentes, hoxe é unha escola infantil.
Descrición
Este edificio, deseñado por Antonio Palacios e construído polo mestre Manuel Pereiro Caeiro, é un dos poucos testemuños que quedan da Exposición Rexional de 1909 pois foi o Pavillón de Recreo Artístico e Industrial, con espazos tanto para a exhibición de obxectos como para a socialización de concorrentes e visitantes.
É rechamante a súa comunicación co espazo verde circundante -feita a través das enormes cristaleiras e das balconadas-, o pórtico e a escaleira -inspirados nos da catedral- monumentais que dan acceso ao interior e a riqueza decorativa que dá textura e elegancia ás fachadas.