
Parroquia
San Xoán de Fecha
Tipoloxía
Encoro
Historia
Un encoro é un depósito ou estanque que se forma nun curso de auga, podendo ser natural ou artificial. Tamén se lle chama encoro ou vaira á construción fabricada en pedra, formigón ou outros materiais, que impide o paso das augas para que estas se acumulen e poidan ser aproveitadas para o abastecemento de auga á poboación, o regadío ou a produción de enerxía eléctrica nas centrais hidroeléctricas.
O Encoro de Belesar no río Miño, entre os concellos lugueses de Chantada e O Saviñao, é o maior encoro de toda Galicia. Foi creado en 1963 para abastecer unha central hidroeléctrica, e foi considerada a obra máis importante da enxeñería hidroeléctrica española, símbolo da puxanza hidroeléctrica galega e principal mostra da aposta franquista por este tipo de enerxía, que sementou de encoros a práctica totalidade das concas hídricas repartidas polo territorio estatal.
A maioría destes encoros supoñen un desastre ecolóxico para os ríos, xa que non permiten o tránsito das especies piscícolas migratorias, nin gardan o caudal ecolóxico, posto que supón un corte radical no río. A causa disto, na actualidade os embalses estanse a modificar ou a reutilizar, como é o caso da Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con (EHEC) da Universidade de Santiago de Compostela de Vilagarcía de Arousa, que alberga un centro de estudo da biodiversidade.
A vexetación que ocupa estas zonas soen ser bosques de ameneiros, freixos, castiñeiros, acivros ou carballos. Nas zonas pantanosas abundan as xunqueiras, lirios e os nenúfares. De todo o conxunto resulta unha paisaxe diversificada de bosque de ribeira, vexetación palustre ou prados de cultivos agrícolas, o que permite o asentamento dunha variada fauna asociada. Entre esta fauna destaca a riqueza e a variedade de aves, sobre todo as acuáticas invernantes, que nas masas de auga que forman os embalses teñen oportunidade de prosperar.
Normalmente nos encoros pódense contemplar moitas especies de anátidas (pato rabilongo, lavanco ou ganso bravo), os podicípidos (mergullón), os fasiánidos (perdiz vermella ou paspallás) ou os rállidos (focha, galiña de río ou rascón). Tamén se poden atopar na contorna un longo número de especies como o bilurico, falcón, cuco, picapeixe, miñato, azor, gabián, tartaraña, moucho, bufo ou a curuxa.
Hai outras pequenas especies que se agochan nos lugares que bordean o encoro, como nas beiras, nos xuncais e nos bosques pantalla. Aquí fabrican os seus niños algúns paxaros como o carboeiro, paporrubio, rousinol, tordo, bubela ou o paxaro carpinteiro. Débese destacar, ademais, a presenza cada vez máis numerosa de mamíferos como o rato de campo, ourizo, raposo, landra, xineta, esquío ou a musaraña.
O número de especies de anfibios e de réptiles, pola contra, non é tan abundante debido ao pouco espazo do territorio próximo á auga. Soen estar presentes as rás, sapos, tritóns ou píntegas entre os anfibios. Entre os réptiles aparecen o escáncer, lagartos, lagartas, cobras e as víboras. Son moi sensibles á contaminación, polo que moitas destas especies son bioindicadores ambientais.
Os encoros tamén son cotos de pesca intensiva. A pesar da problemática que supoñen moitas das vairas para permitir o paso das especies migratorias, e a necesidade dos sistemas de transferencia para peixes e outros organismos acuáticos, en xeral pódense atopar nos grandes ríos algunhas especies como salmóns, anguías, troitas ou reos.
Descrición
Encoro emprazado na bacía do río Tambre, destinado á produción de enerxía eléctrica. A presa foi construída pola Sociedad Gallega de Electricidad, xérmolo do que logo chegaría a ser FENOSA.