
Parroquia
O Eixo
Tipoloxía
Ermida
Cronoloxía
1829
Historia
Unha capela ou ermida é un pequeno edificio destinado ás practicas relixiosas da liturxia católica. Estes oratorios tamén existen noutras prácticas cristiás, como a anglicana ou a luterana.
Xeralmente é de menor tamaño que unha igrexa, pode consistir nun edificio independente ou estar construída no interior dunha igrexa, xeralmente anexa á nave maior. As capelas tamén poden aparecer formando parte doutros edificios como pazos, vilas, colexios, universidades, cárceres, conventos, cuarteis, castelos...
Antigamente as casas nobres, gremios e outras profesións liberais vinculábanse cunha das capelas existentes nunha igrexa, podendo formar en torno a ela unha confraría, que en moitas ocasións establecíanse fortes rivalidades entre elas.
A palabra capela provén do latín cappella, diminutivo de cappa (capa), e os clérigos que exercen nela o seu ministerio chámanse capeláns. Co termo capela desígnanse diferentes construcións: institucións eclesiásticas coma o cabido ou capítulo eclesiástico, educativas no caso do corpo equivalente nun colexio universitario, ou artísticas, especialmente no mundo da música, onde capela é o corpo de músicos dunha igrexa. Unha capela ardente é o túmulo que se levanta para celebrar as exequias.
O elemento básico desta edificación é o altar, elemento necesario para a celebración do culto e onde se sitúa a imaxe da súa advocación, normalmente nun retablo formado por pequenos piares ou columnas. É frecuente que conteña sepulcros dos donantes da capela.
Hai capelas famosas porque relaciónanse con elas a realización de milagres ou as aparicións de santos e virxes, polo que é frecuente que haxa romarías relacionadas con elas para conmemorar estes eventos.
Descrición
Ermida de planta rectangular, con sancristía engadida no lado norte e con teito a dúas augas. A fachada, de cantería de granito, de estilo clasicista, remata no cume en cornixas voadas que conforman un triángulo a modo de frontón, onde se apunta a data da súa construción do 1829, a cargo dos devotos veciños. Porta principal alintelada e dúas fiestras cadradas cun resaltes de perpiaños aos seus lados. Enriba da porta unha fornela sen ningunha talla e na cima desta un van en forma de óculo. A espadana arranca de corpo rectangular con adornos de placas dende o cume da fachada. Ten dobre corpo con ocos de arco de medio punto, que remata na parte superior en edículo de lados curvos e oco central rematado en tres pináculos. Separan os corpos unha cornixas voadas.