mainimg
Código: PR049
-
Patrimonio
Localización

Zona verde

Parque de Amio

Parroquia

San Lázaro

Información

Tipoloxía

Escola unitaria

Cronoloxía

Século XX

Historia

A antiga escola unitaria de Amio era unha das moitas existentes no rural galego hai varias décadas, reflexando a vida propia nas unidades de poboación das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente.

Estas parroquias foron, pouco a pouco, sendo despoxadas da súa organización e estrutura, cando os mestres deixaron de vivir na mesma parroquia, os curas escasearon, e as escolas pasaron a ser grupos escolares xeralmente na capitalidade do concello para optimizar os recursos e estruturar a formación dos alumnos. Os habitantes do rural emigraron aos pobos veciños, á capital da provincia, ás zonas máis desenvolvidas do Estado ou ao estranxeiro, co consecuente despoboamento do rural.

Mantivéronse determinadas escolas unitarias, ben para educación preescolar, ben porque a entidade do núcleo permitía ou esixía esa individualidade, mais foron desaparecendo pola diminución da matrícula ao reducirse a poboación.

Destacar que as escolas unitarias deron a oportunidade de alfabetizar a todo o mundo na mesma parroquia de residencia, quedando na memoria de moitas xeracións educadas neste modelo propio da educación galega.

Descrición

Edificio singular de arquitectura civil dun andar. Espazo con pórticos na entrada, con dúas naves a dúas augas. Na fachada posterior ábrense grandes ocos.

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)