mainimg
Código: GX019
-
Patrimonio
Localización

Zona verde

Parque Forestal da Granxa do Xesto

Parroquia

Vista Alegre

Información

Tipoloxía

Escultura

Cronoloxía

2003

Historia

Un dos poemas recollidos en Cantares Gallegos de Rosalía de Castro completa a benvida ao parque, xa que aparece na inscrición da pedra:

Fun un domingo, fun pola tarde, co sol que baixa tras dos pinares, cas nubes brancas sombra dos ánxeles, cas palomiñas que as alas baten con un batido manso e suave, atravesando vagos celaxes, mundos extraños que en raios parten ricos tesouros de ouro e diamante. Pasín os montes, montes e valles; pasín llanuras e soledades; pasín os regos, pasín os mares cos pés enxoitos e sin cansarme. Rosalía de Castro.

Esta cantiga é unha glosa da muiñeira popular ...fun á taberna do meu compadre, fun polo vento, vin polo aire. Aparece recollida na obra Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, publicada en 1863 e coa que se inicia o Rexurdimento da Literatura Galega. Cen anos despois, esta data será elixida para conmemorar o Día das Letras Galegas. Neste mesmo ano tamén tivo lugar a entrada en vigor da Proclamación de Emancipación que abole a escravitude no terreo confederado dos Estados Unidos durante a súa Guerra de Secesión e fúndase a Cruz Vermella Internacional.

A importancia de Cantares Gallegos excede o ámbito literario, pois incide no aspecto de rehabilitación da cultura galega. A obra consta de 36 poemas, que son glosas de cantares populares que describen tradicións e costumes galegas, a paisaxe, os amores, a emigración... Predominan os modelos métricos tradicionais, con versos de arte menor e rima asonante.

Descrición

Na rotonda da entrada ao Parque Forestal da Granxa do Xesto atópase a inscrición de benvida, situada sobre un bolo granítico no que se observan diversas cacholas orixinadas pola acción que o vento e a choiva tiveron sobre esta rocha ao longo do tempo.

O granito, material xeolóxico predominante no Monte Pedroso, forma aquí unha pedra alveolada convertida en escultura natural, similar á que podemos atopar noutros casos coma no monumento a Martín Códax no Parque do Castro en Vigo.

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)