
Parroquia
San Fructuoso
Tipoloxía
Escultura
Cronoloxía
2022
Autor
Crisitina Rommel
Historia
Ánxel Casal naceu na Coruña o 17 de decembro de 1895 e foi fusilado en Cacheiras (Teo) en 1936.
Editor, político galeguista e alcalde de Santiago foi un dos precursores da expansión das ideas das vangardas que explosionaron na Europa dos anos 30, divulgando os valores do galeguismo rexionalista daquela época a través, primeiro da súa editorial Lar, fundada con Carré Alvarellos e, sobre todo, coa editorial Nós, da que saíron importantes publicacións como A Nosa Terra e a revista Nós.
Promotor das Irmandades da Fala, colaborador do Conservatorio de Arte Galega destaca pola súa labor política, cultural, empresarial e como docente de galego. Chega a Compostela en 1931 e chega á alcaldía en febreiro de 1936 coa vitoria do Frente Popular o que se adherira o Partido Galeguista. Ademais, este cargo levaba aparellado os de vicepresidente da Deputación da Coruña e membro do Comité Central de Autonomía.
Cristina Rommel, autora da obra, é licenciada en Artes Visuais pola Universidade Nacional de Artes, é escultora, artista plástica e restauradora. En 2009 ingresa como profesora de escultura da Escola Nacional de Belas Artes Prilidiano Pueyrredon, en Arxentina. Multipremiada, recibiu no 2012 o galardón Salón Primavera no Centro Cultural CreARTE de Bos Aires. Tamén a súa traxectoria pasa por Italia, alí en La Polvarieda, participou no 2019 nun Seminario de talla en mármore coa técnica de Pantógrafo.
Desde hai varios anos vive en Galicia, nas Rías Baixas, onde desenvolve a maior parte da súa actividade artística. Tanto é así que nos próximos días inaugurará unha mostra en Vigo no Espazo Beny.
Descrición
Escultura homenaxe ao que fora alcalde de Santiago de Compostela, fronte a biblioteca que ten o seu mesmo nome, na Avenida de Xoán XXIII, inaugurada o 17 de decembro e 2022.
Segundo explica a propia Crisitina Rommel, autora da escultura, trátase dunha peza escultórica, de bronce de 2 metros de alto, feita en base a cinco imaxes de diferentes períodos de Ánxel Casal, polo que foi complicado captar a súa identidade, nun traballo que durou 6 meses para a elaboración do deseño a través da técnica de moldeo a cera perdida.