mainimg
Código: BE038
-
Patrimonio
Localización

Zona verde

Parque de Belvís

Barrio

Belvís-Trisca

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Escultura

Cronoloxía

2015

Autor

Lucía Perdiz Davila

Historia

O convenio de colaboración entre o Concello de Santiago e a Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, foi asinado en maio de 2014, o que facilitou a instalación desta e outras esculturas dos alumnos no Parque de Belvís.

Forma parte dunha actividade complementaria dos diferentes módulos do Ciclo Superior de Artes Aplicadas á Escultura, e consisten en pezas escultóricas pensadas para ser expostas en lugares públicos. Neste senso, o Concello de Santiago colabora coa escola ofrecendo un espazo para que as pezas elaboradas polos alumnos, podan ser expostas ao público fóra dos lugares tradicionais de exhibición artística.

Descrición

Situado nas escaleiras que comunican coa parte superior do Parque de Belvís, esta escultura representa o esforzo humano por alcanzar unha meta a través dunha peza concibida para que a xente poda transitar ao lado dela e establecer un diálogo coas figuras.

Un ser humano arrastre tres cubos con grande esforzo a través das escaleiras de pedra que xa estaban presentes no parque, xa que esta peza está pensada especificamente para ser colocada neste espazo concreto de Belvís. A súa posición e características procuran que o público interactúe coas figuras, rompendo a barreira das salas de exposicións.

A instalación desta peza, xunto con outras dúas situadas na contorna, realizouse en outubro de 2015. As tres son obra de alumnos da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, sendo estas realizadas nas clases e nas prácticas en empresas. O deseño das figuras e a súa instalación foi coordinado polo profesor de Volume e Proxectos, Óscar Aldonza. As tres esculturas están realizadas en ferro, con diferentes acabados xa que son froito de inquedanzas artísticas particulares de cada alumno, partindo de propostas diferentes en intención e funcionalidade.

Bibliografía

Micropatrimonio de Compostela - Escultura Contemporánea. Concello de Santiago e Compostela Cultura, 2019

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)