mainimg
Código: EG053
-
Patrimonio
Localización

Zona verde

Parque Eugenio Granell

Barrio

Pontepedriña

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Escultura

Cronoloxía

2017

Autor

Obradoiro de Forxa da Quintana (deseño de Óscar Aldonza)

Historia

Esta escultura de forxa foi realizada por corenta artistas da forxa no Obradoiro de Forxa da Quintana, e a obra foi dirixida por Miquel Xirau, Santiago Martínez e o creador do deseño orixinal, Óscar Aldonza.

Dende o mes de setembro de 2017 engalana o entorno da Carballeira do Paxonal, nunha zona da cidade rehabilitada como paseo fluvial nas beiras do río Sar. Esta senda peonil atravesa os parques de Eugenio Granell e Novo Milenio en dirección ás Pontes de Conxo.

Descrición

A escultura Ríos de Ferro - A Gran Onda, representa unha grande onda formada por pezas alongadas de ferro. É o resultado do esforzo de moitos artistas que levaron a cabo esta peza no encontro estatal de forxa celebrado entre o 16 e o 18 de xuño do 2017 na Praza da Quintana.

Segundo o seu deseñador Óscar Aldonza, a peza mestura a debilidade da auga coa dureza do ferro, polo que é importante o paraxe onde está situada, nunha carballeira á beira do río Sar.

As liñas de ferro que conforman o corpo da escultura retórcense en curvas e espirais que lle dan movemento á peza, e as zonas con ferruxe forman capas de cor que contribúen ao valor estético e artístico da escultura, aportándolle o encanto pictórico da pátina que teñen as grandes pezas de arte.

Bibliografía

Micropatrimonio de Compostela - Escultura Contemporánea. Concello de Santiago e Compostela Cultura, 2019

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)