mainimg
Código: CS045
-
Sociocultural
Localización

Barrio

Fontiñas

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Espazo educativo e de lecer

Cronoloxía

2018

Descrición

O Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes acolle espazos de xogo libre, espontáneo e creativo, co obxecto de proporcionar aos nenos comprendidos entre os 2 e os 12 anos, espazos acondicionados para o xogo, posibilidades de relacionarse, acceso a xogos e xoguetes e outros materiais lúdicos, animación á lectura, promoción do libro e todas aquelas propostas que favorezan, ademais, a conciliación da vida persoal, laboral e familiar, así como a dispoñibilidade dun recurso atractivo especializado para a utilización, en horario lectivo e cando así se considere, polos centros de ensino dos concellos da provincia da Coruña e, en particular, do Concello de Santiago de Compostela.

Son obxectivos do Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes, entre outros, os seguintes.

- Incentivar a participación dos que dispoñen dunha menor capacidade adquisitiva e de acceso á cultura e dos que contan cunha contorna menos favorecedora da actividade lúdica, ben sexa no fogar, na escola ou no barrio.

- Fomentar todo tipo de iniciativas e actividades arredor da promoción do libro e da animación á cultura.

- Ofrecer un espazo axeitado para o xogo, favorecedor do desenvolvemento psicomotor, cognitivo, crítico, creativo e afectivo do neno/a.

- Traballar na creación dunha nova concepción do xoguete, do obxecto e da actividade lúdica nos rapaces e rapazas, nos pais e nais e nos educadores/as, ampliando a exclusividade do xoguete comercializado.

- Favorecer unha relación distinta co obxecto lúdico, a través da manipulación, recreando o seu uso, a través dun proceso globalizador de invención, construción, reparación e transformación.

- En colaboracións con outras institucións, nomeadamente a USC e coas asociacións de consumidores e do sector de xogueteiros, desenvolver propostas de investigación que teñan que ver coa promoción do xogo e do xoguete. E no referido á promoción do libro e da animación á lectura, establecer canles de traballo estables coas editoriais de Galicia preferentemente, e con todas aquelas institucións e colectivos que teñan por obxecto esta finalidade.

- Cumprir unha función orientadora e informativa en relación coa compra de xoguetes, motivando a reflexión sobre o necesario coñecemento do dereito ao xogo.

- Colaborar moi especialmente na promoción da lingua galega, do xogo popular e tradicional, da animación á lectura e na recuperación de xogos e xoguetes que teñan que ver co noso acervo cultural propio.

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)