mainimg
Código: PR045
-
Patrimonio
Localización

Parroquia

Laraño

Información

Tipoloxía

Apeadoiro

Cronoloxía

Século XX

Historia

No século XVI existía xa o transporte por carrís cuxa infraestrutura estaba construída de madeira e utilizábase para mover por ela vagóns nas minas.

No ano 1804 inaugurouse en Inglaterra o primeiro ferrocarril de servizo público; unía Wands-Worth-Croydon e Carshalton, e os seus trens eran remolcados por tiros de cabalos.

Mais non será até o 27 de setembro de 1825 cando se inicie un movemento revolucionario coa introdución do primeiro tren traccionado por unha locomotora de vapor creada por George Stephenson, na liña Stockton-Darlington, en Inglaterra.

Coas primeiras locomotoras de vapor o desenvolvemento do tren estaba decidido. O ferrocarril, tamén coñecido co nome de camiño de ferro, é froito dun prolongado proceso iniciado a mediados do século XVII para o transporte de carbón nas minas de Inglaterra e Alemaña.

En España, os intentos precursores de construción de liñas férreas tiveron lugar a fins da década de 1820. Houbo varios intentos de establecer redes de ferrocarril, pero todos eles fracasaron pola inestabilidade económica e política.

O primeiro ferrocarril de España chegou a Cuba antes que ao chan peninsular. O 19 de novembro de 1837 inaugurábase o tramo entre A Habana e Bejucal, dentro da liña da Habana a Güines. A primeira construción ferroviaria peninsular correspondeu á liña Barcelona-Mataró en 1848; á que seguiu en 1851 o Madrid-Aranxuez.

A aprobación da lei de ferrocarrís en 1855 desencadeou a febre das construcións ferroviarias e a aparición das primeiras empresas ferroviarias. Conforme os progresos íanse consolidando, os ferrocarrís construíanse con relativa facilidade e economía, desenvolvéndose en todo o mundo, revolucionando o transporte terrestre e marcando un cambio transcendental no estilo de vida.

Durante anos coexisten os tres tipos de tracción (vapor, diésel e eléctrica). En canto á diversificación dos anchos de vía, non foi un factor preocupante en tanto que cada rede atendían un servizo e un tráfico moi localizados.

A Revolución Industrial esixía a interconexión das liñas, polo que impúxose a adopción dun ancho de vía estándar (1.435 milímetros). Dito ancho de vía parece ser que se debe a que cando os romanos chegaron a Inglaterra, fai uns dous mil anos, levaron uns carros cuxas rodas tiñan a mesma separación con obxecto de seguir as rodadas que as mesmas deixaban, e que despois reforzarían con pedra para darlles consistencia.

Os enclaves ferroviarios son as instalacións necesarias para o funcionamento do ferrocarril. Un destes enclaves son as estacións de tren, o conxunto de instalacións de vías e agullas dende as que se coordina o tráfico ferroviario, tanto de trens de viaxeiros como de mercadorías e manobras. Dá servizo comercial de todo tipo aos usuarios do ferrocarril.

As estacións de pouco tráfico de viaxeiros denomínanse apartadoiros. O seu obxectivo fundamental é a regulación do tráfico ferroviario, posibilitando a realización de cruces de trens ou adiantamentos.

Os apeadeiros son dependencias con servizo exclusivo para a subida e baixada de viaxeiros. Son moi habituais nos grandes núcleos de poboación, e non teñen persoal.

Outras instalacións son os cargadeiros ou as terminais de mercadorías, que á parte de regular o tráfico, teñen como misión principal a prestación de servizos de mercadorías.

Descrición

Edificio de primeiros do século XX, de planta rectangular e dúas alturas, con tellado a dúas augas. Muros recebados e pintados de branco con vans simétricos en altura, con remate superior de arco rebaixado e esquinas con perpiaños á vista ao igual que os esquinais da construción. Beirado de pedra con molduras e un van redondo no hastial do penal.

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)