
Zona verde
Parque da Alameda
Parroquia
San Fructuoso
Tipoloxía
Estanque
Cronoloxía
Século XX
Historia
Este recuncho é un exemplo da variedade de ambientes que ofrece a Alameda así como da súa diversidade ecolóxica; estes feitos falan dunha paisaxe ordenada e, neste caso, sedimentada con achegas de espazos e especies froito do esforzo de varias xeracións de xardineiros. É esta mestura o que lle dá ao parque unha singularidade que vén da historia e do saber acumulado sobre o coidado das árbores e plantas, as características dos solos, a súa insolación e mesmo as preferencias da cidadanía.
Descrición
Estamos ante unha fonte alcumada popularmente pola súa forma. É un pequeno xardín acuático, unha sorte de remanso de aire exótico no que conviven especies vexetais hidrófilas e umbrófilas, onde destacan os fentos (real e arborescente) e as dickinsonias.
Esta simbiose de vexetación e condicións ambientais é un dos lugares onde máis doadamente é posible albiscar a fauna -máis alá das aves- que vive neste parque, neste caso os anfibios. En efecto, nas augas do estanque non é raro atopar e identificar os ovos das ras que nel viven ou escoitar o seu cantar.
Bibliografía
José Antonio Tojo Ramallo (coordinador e asesor do estudo histórico), Belén Requejo Alonso (investigadora) e Almundena Cuns Turnes (investigadora). Fontes e lavadoiros do Concello de Santiago. Santiago de Compostela. AQUAGEST. 2002
Arquivo Histórico Universitario. Sección: Fondos municipais. Cañerías de las fuentes. 1779-1816 (marzo 1810)