
Zona verde
Parque da Alameda
Parroquia
San Fructuoso
Tipoloxía
Estanque
Cronoloxía
1930
Autor
José María Banet Díaz Varela
Historia
Casto Méndez Núñez (1824-1869) foi contraalmirante da Armada Española en tempos difíciles como foron os da chamada Campaña do Pacífico contra Chile e Perú. O seu comportamento heroico na batalla de El Callao así como as súas dotes para o liderado fixeron del o exemplo que o país daquel tempo necesitaba, de xeito que acabou converténdose na encarnación do patriotismo español.
Descrición
O paseo de París ocupaba contra 1858 a parte dianteira da igrexa do Pilar; foron desaparecendo a medida que o paseo Central foi conformándose e a Alameda actual ía tomando forma. A chegada da estatua de Casto Méndez Núñez supuxo unha mudanza radical e en 1930 deuse inicio a este axardinamento que a completaba.
Baixo o proxecto de J.M. Banet Varela deseñáronse xardíns con sendeiros delimitados por sebes de buxo con deseños de formas xeométricas ao estilo francés. En 1947, sufriron unha primeira modificación ao crearse o estanque central e ao desaparecer os dous pequenos que había a cada lado da estatua; poboouse con parrulos e cisnes e foi separado do paseo. Estas delimitacións acabaron desaparecendo e en 2014 todo o conxunto foi remodelado para abrir o estanque e a contorna ao paseo, instalando xogos de auga e reacondicionando a zona das aves.