
Parroquia
Villestro
Tipoloxía
Fábrica de papel
Cronoloxía
Século XIX
Historia
Foi descrita por Gonzalo Gayoso Carreira no seu libro “La fabricación del papel en Galicia del siglo XVIII a nuestros días” como a fábrica de Roxos ou de Villestro. Traballaban diariamente 16 persoas, sendo capaz de producir 1.000 resmas de papel ao ano. O ano de construción é incerto, podendo comprenderse entre 1806 e 1827.
No século XX a propiedade aparece a nome de Maximino Vilaboa Villar, industrial que convertería a fábrica de papel nun serradoiro de madeira. Tralo seu falecemento a comezos dos anos 30, as poucas referencias sobre esta fábrica fan pensar que a actividade foi cesando e o edificio abandonado.
Descrición
Formada por un conxunto de edificacións que conforman o conxunto fabril emprazado nunha fermosa contorna na confluencia dos ríos Roxos e Sar, onde abunda o arboredo autóctono composto por carballos, castiñeiros e nogueiras. Os elementos estruturais básicos están en bo estado, no que os muros de cachotaría presentan total planidade. A cantería tamén está en bo estado, conservándose o sistema de funcionamento dos muíños. Trátase dunha construción de planta cuadrangular á que se acaroan varias edificacións formando unha planta en L.