mainimg
Código: BO010
-
Arboredo Singular
Localización

Zona verde

Parque de San Domingos de Bonaval

Barrio

Concheiros-Almáciga-Espírito Santo

Parroquia

San Fructuoso

Identificación

Nome científico

Fagus sylvatica L.

Nome común en galego

Faia

Nome común en castelán

Haya

Información

Características

Esta árbore foi regalada pola Corporación Municipal de Pamplona o 13 de novembro de 1999, tal e como di a placa de bronce que a acompaña. Está situado na costa que conduce cara a Fonte do Lavadoiro, na parte baixa da carballeira, preto dun ceibo regalado polo Presidente da República Oriental do Uruguai e plantado o 24 de xullo de 1995, xusto un ano despois da inauguración do parque.

Orixe e distribución

Endémica do centro e oeste de Europa, a súa presenza destaca en zonas como a Selva Negra de Alemaña, onde forma os bosques máis característicos das rexións húmidas.

Os faiais son característicos do terzo norte da Península Ibérica xa que buscan unha alta humidade ambiental. En Galicia está presente nos bosques caducifolios xunto co carballo, ambos de folla caduca o que os permite adaptarse aos meses nos que as temperaturas poden baixar de 0 graos.

Descrición

A faia é unha árbore de gran porte que pertence á familia das Fagaceas, xunto cos carballos ou castiñeiras. Ten follas caducifolias, ovaladas e cos nervios moi marcados, de cor verde intenso adquirindo tonalidades ocres e pardas ao chegar o outono. Protexe o solo ao xerar humus de gran calidade, e moitas especies de animais silvestres viven asociadas aos faiais.

É a árbore caducifolia europea capaz de vivir con menor cantidade de luz. A cortiza é lisa e gris, sobre a que soen crecer liques. As pólas medran de forma centrífuga e as follas están en paralelo co chan para aproveitar ao máximo os raios do sol, co que xeran unha potente sombra, tanta que baixo as faias apenas medran algunhas plantas especializadas que viven ao principio da primavera, antes de que broten as novas follas das árbores.

Flores unisexuais, pouco vistosas, coas masculinas agrupadas en inflorescencias globosas e as femininas en parellas. Florece entre abril e xuño. É unha especie veceira, xa que só produce froitos de forma abondosa cada cinco anos aproximadamente. Os froitos chámanse faiucos; son aquenios de sección triangular, reunidos en parellas e pechados nunha cúpula cuberta de pinchos, que se abre por 4 valvas.

Etimoloxía

O nome común da faia provén do latín fagus, do que toma o nome o xénero e que á súa vez provén do grego phagos, que significa comer ou comestible, en referencia aos froitos desta árbore e ao seu valor nutritivo. Sylvatica é unha palabra latina que refírese a algo propio dos bosques.

Usos

A faia relaciónase coa escritura. As primeiras letras empregadas para escribir as linguas xermánicas chamábanse runas, que se tallaban predominantemente en táboas ou bastóns de madeira de faia, aínda que tamén se fabricaban en menor medida coa de outras árbores. En alemán, a palabra usada para dicir letra é buchstabe, que significa literalmente bastón de faia. Dise que a Gutenberg chegoulle a inspiración para inventar a imprenta ao ver como un texto que gravara en cortiza de faia quedaba marcado no papel no que estaba envolta.

Segundo a mitoloxía grega, no Olimpo medraban faias nas que habitaban sabios bufos. Na mitoloxía romana e nas antigas lendas dos dacios (actual Romanía), era considerada como a árbore da fertilidade.

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)