mainimg
Código: EN013
-
Espazos Singulares
Localización

Parroquia

Villestro

Información

Descrición

O leito do río Roxos ao seu paso polos límites dos concellos de Santiago e Ames, ao oeste da parroquia compostelá de Villestro, cae en pendente acusada cara a súa desembocadura no río Sar, formando unhas impresionantes fervenzas. O treito de aproximadamente 600 metros, está izado de rápidos e pozas nunha contorna composta por carballeiras, mesturadas con loureiros e outras especies de arboredo de ribeira coma freixos, salgueiros e ameneiros. A auga escava nalgúns sitios estreitos sucos que rebaixaron a pedra do seu leito, e noutros esvara facendo escuma sobre grandes superficies rochosas. O caudal sofre subidas rápidas cando as chuvias conducen as augas dende a zona de Portela e Quintáns cara o sur.

Neste treito de río están visibles dous muíños arruinados e cubertos de maleza. Un amosa un sistema de cubo en moi bo estado, de gran tamaño e profundidade para o que se acostuma nestas construcións.

Por enriba dunha das fervenzas, e segundo un veciño que o recorda, había pendurados uns cables de aceiro dunha antiga ponte, da que aínda se intúe o desembarco na rocha. As augas limpas do río Roxos despois desta caída, mestúranse coas do río Sar.

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)