mainimg
Código: AL020
-
Arboredo Singular
Localización

Zona verde

Parque da Alameda

Barrio

Cidade histórica

Parroquia

San Fructuoso

Identificación

Nome científico

Firmiana simplex L. W.F. Wight

Nome común en galego

Firmiana ou parasol chinés

Nome común en castelán

Firmiana o parasol chino

Biometría

Perímetro normal

3,8 metros

Altura

20 metros

Diámetro de copa

25 metros

Idade estimada

50 anos

Información

Características

Único exemplar desta especie en toda a cidade. Está situado no estanque de Méndez Núñez, facendo esquina no lateral cara á Igrexa do Pilar e o Paseo Central.

Orixe e distribución

Procede do sur de China, Taiwán, Vietnam e Xapón, lugares no que é moi cultivada. Foi introducida en Europa procedente do Xapón en 1757.

Descrición

Árbore caducifolia de copa estendida e redondeada, que pode chegar a alcanzar 10-12 metros na nosa zona, e até 20 metros nas súas zonas de orixe.

Codia lisa de cor verde agrisada con puntos pardos. Xemas avermelladas, peludas e globosas, das que nacen follas grandes, acorazonadas, con 3 ou 5 lóbulos e pelos estrelados nos seus nervios. As súas flores acampanadas saen en acios e son de cor crema ou amarelo limón, en contraste co vermello da súa parte central. Transfórmase en froitos dourados, que teñen unha membrana con aspecto de folla, baixo a cal aparecen as sementes que son similares a chícharos.

Etimoloxía

O xénero está dedicado ao austríaco Karl Josef von Firmian (1716-1782) quen foi gobernador xeral da Rexión da Lombardía (Italia) e gran mecenas do Xardín Botánico de Padua. O epíteto específico procede do latín simplex/icis que fai referencia ás follas simples sen dividir.

O nome común de parasol chinés fai referencia á forma da súa copa e á súa orixe.

Usos

Utilízase dende hai moitos anos na medicina natural chinesa para tratar febres, convulsións e hemorraxia cos botóns das súas flores. As sementes tostadas serven para elaborar unha especie de té.

Dende antigo fabricáronse coa súa madeira instrumentos musicais orientais de corda debido á súa boa sonoridade. Tamén úsase nos lugares de orixe para a obtención de fibras, na fabricación de caixas e para pasta de papel.

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)