mainimg
Código: AL119
-
Auga
Localización

Zona verde

Parque da Alameda

Barrio

Cidade histórica

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Fonte ornamental

Cronoloxía

Século XX

Historia

Esta peza nacida para o miradoiro do paseo dos Leóns, chegou aquí en tempos relativamente recentes. Naquel emprazamento e con esta feitura seguramente realzaba o carácter rústico e bucólico da vista desde aquel lugar; nesta nova posición contribúe notablemente a calmar o espazo e a melloralo con xogos de luz e sons diferentes. Esta capacidade de crear ambientes é unha das calidades máis sinaladas dos espazos dotados con fontes, por iso a auga está presente nos xardíns máis antigos. Neste parque contribúen notablemente a enriquecer a experiencia da visita ou do paseo.

Esta fonte, chamada da Cuncha, ten aparencia de cunca ou media laranxa e lembra a forma das pías da antiga fonte do Paraíso, que era unha estrutura monumental situada na praza ao norte da Catedral (Acibecharía ou do Paraíso) e que sinalaba, en certo modo, a fin do camiño de peregrinación. No claustro catedralicio está hoxe un daqueles píos e o parecido é evidente.

Descrición

Esta fonte ornamental procede do paseo dos Leóns, na zona do miradoiro, onde estaba montada sobre unha base de pedra traballada. Hoxe está rodeada por unha estrutura baixa que serve para recoller as augas e serve de estanque.

Bibliografía

José Antonio Tojo Ramallo (coordinador e asesor do estudo histórico), Belén Requejo Alonso (investigadora) e Almundena Cuns Turnes (investigadora). Fontes e lavadoiros do Concello de Santiago. Santiago de Compostela. AQUAGEST. 2002

Eduardo Beiras García. El arte del agua. Compostela y sus fuentes públicas monumentales de la Edad Media al siglo XX.Inédita, A Coruña 2012

Fotos actuais


Fotos antigas


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)