
Zona verde
Parque Eugenio Granell
Parroquia
San Fructuoso
Tipoloxía
Fonte
Historia
A abundancia de auga no subsolo galego fai posible a constante presenza de mananciais e a aparición de gran variedade de solucións para o seu aproveitamento por medio de fontes ou pozos. Estas fontes poden ser dende unha simple canalización de auga dende a boca do manancial, até a realización de fermosas obras de cantaría.
Ademais dunha canle de condución, unha fonte soe contar cun depósito no que estancar a auga para poder recollela máis facilmente e que serva de bebedeiro para os animais. Este depósito pode aparecer escavado no noiro no que se atopa a boca da canle ou constrúense depósitos cadrados de pedra por tres das súas caras, das que a posterior é o propio noiro no que se atopa o manancial.
No depósito da auga das fontes críanse naturalmente diversos tipos de animais e insectos, entre os que destaca a píntega (Salamandra salamandra). Segundo afirmaba Vicente Risco, para manter as fontes limpas destas formas de vida, adoitábase botar nelas unha troita que se encargase de espantalos.
Descrición
Este elemento do Parque Eugenio Granell consiste nunha fonte de pedra encaixada na ladeira do parque, e serve para aproveitar e reconducir a abundancia das augas subterráneas presentes no terreo.
A súa estrutura formal é moi sinxela, xa que colócase un muro de pedra no desnivel do terreo onde está situado o manancial. Este muro no é recto senón que presenta dous ángulos para crear un espazo cóncavo no que se sitúa o cano. A auga sae ao exterior da parede de pedra a través dun burato practicado nela, no que se sitúa o cano de pedra, seguindo a tipoloxía tradicional nos lavadoiros e fontes rurais.