mainimg
Código: BO033
-
Auga
Localización

Zona verde

Parque de San Domingos de Bonaval

Barrio

Concheiros-Almáciga-Espírito Santo

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Fonte ornamental

Cronoloxía

1994

Autor

Álvaro Siza e Isabel Aguirre

Historia

Esta fonte foi creada na rehabilitación do espazo do parque, na que debido á gran abundancia de auga foi necesario a súa xestión e canalización. A auga nace dun manancial situado na carballeira, na parte alta dos terreos ocupados polo parque de San Domingos de Bonaval, e vai sendo conducida a través dun percorrido descendente formado por diversas fontes para salvar o desnivel e chegar ao depósito de auga aloxado baixo o Xardín dos Frades e dende onde ten lugar a rega do parque.

Descrición

A fonte está situada nunha empinada costa superada mediante un gran muro de xisto no que se aloxa unha rampla para o acceso dos carruaxes e os carros de labranza. Cara a metade do percorrido desta rampla, duns 3 metros de ancho atopamos unhas pequenas escaleiras de pedra que baixan cara a Fonte de San Domingos e os restos dos alpendres da zona de hortas. Preto destas escaleiras podemos atopar a Fonte da Rampla.

A auga cae dende o alto dun valo sobre unha columna de cinco bloques de granito superpostos. Para evitar salpicaduras, o líquido e conducido cara os bloques de granito por unhas cadeas metálicas e, debido ás condicións de elevada humidade desta zona, a pedra da rampla está cuberta de musgo xa que a auga facilita o seu desenrolo e reprodución.

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)