mainimg
Código: BO035
-
Auga
Localización

Zona verde

Parque de San Domingos de Bonaval

Barrio

Concheiros-Almáciga-Espírito Santo

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Fonte ornamental

Cronoloxía

1747

Historia

Esta fonte está vinculada á gran abundancia de auga subterránea presente no parque, o que fai necesaria a súa xestión e canalización. A auga presente nos xardíns nace dun manancial situado na carballeira, na parte alta dos terreos ocupados polo Parque de San Domingos de Bonaval, e vai sendo conducida a través dun percorrido descendente formado por diversas fontes para salvar o desnivel e chegar ao depósito de auga aloxado baixo o Xardín dos Frades e dende onde ten lugar a rega do parque.

Esta fonte segue a tipoloxía da fontes de cano, que se basean nun simple muro de pedra cun ou dous canos por onde sae a auga. Este muro de pedra pecha a saída da auga do manancial, permitindo canalizar a auga a través dun cano polo que se lle dá saída ao exterior. Soen estar construídas con pedra de cantería e poden contar con inscricións ou estar adornadas con cruces de pedra, imaxes de santos ou figuras de animais, que fan referencia á cristianización das fontes.

Descrición

A auga desta fonte ven directamente da mina de auga que se sitúa na carballeira. O líquido sae por un cano cara unha pía, de onde baixa para as distintas fontes do parque por medio de dúas canalizacións, unha frontal cara a Fonte dos Arcos, e outra lateral que baixa pola pendente cara a parte de atrás do Salón Central do antigo cemiterio, e que alimenta á Fonte da Torre.

Trátase da boca dunha mina que foi tratada de forma arquitectónica, na que se emprazaba un antigo lavadoiro. Realizada en pedra, de forma rectangular e sen tellado. Nos dous lados máis longos ten as pedras inclinadas nas que se fregaba a roupa para o seu lavado, mentres que a auga corre dende un dos lados curtos, de onde mana a auga, cara o outro, onde está situado o desaugadoiro. Na actualidade perdeu a función de lavadoiro, converténdose nunha das fontes ornamentais que se poden atopar no Parque de San Domingos de Bonaval.

Bibliografía

José Antonio Tojo Ramallo (coordinador e asesor do estudo histórico), Belén Requejo Alonso (investigadora) e Almundena Cuns Turnes (investigadora). Fontes e lavadoiros do Concello de Santiago. Santiago de Compostela. AQUAGEST. 2002

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)