mainimg
Código: AL037
-
Auga
Localización

Zona verde

Parque da Alameda

Barrio

Cidade histórica

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Fonte ornamental

Cronoloxía

1872

Autor

Agustín Gómez Santamaría

Historia

O mercado vello foi a primeira instalación pensada para ordenar e dar acubillo ás persoas que até entón vendían todo tipo de alimentos esparexidos pola cidade. Era un edificio moderno, no que predominaba o aceiro e os espazos diáfanos, que se levantou no soar do antigo pazo dos condes de Altamira. No centro da construción as naves conformaban unha sorte de praza, que era realzada por esta fonte. Tiña canos e barras para dar servizo tanto ao mercado como á veciñanza.

A beleza desta fonte provocou o seu traslado en 1932 á Alameda, ao carón da igrexa do Pilar. Na década de 1970 foi novamente movida a este lugar e por iso ás veces recibe o alcume de fonte das Palmeiras.

Descrición

Esta fermosa fonte de mármore ten un marcado carácter ornamental, que combinaba no seu momento cunha vocación utilitaria. Estivo orixinalmente instalada na vella Praza de Abastos, que era un edificio construído entre 1870 e 1873 baixo proxecto de Agustín Gómez Santamaría. Foi encargada e elaborada en Barcelona, e instalada na cidade en 1872.

É a única fonte de mármore da cidade e destaca moito neste emprazamento, polo forte contraste de cores coa vexetación circundante. O seu principal elemento decorativo son os medallóns, aínda que só un deles está tallado; representa o escudo de Galicia.

Bibliografía

José Antonio Tojo Ramallo (coordinador e asesor do estudo histórico), Belén Requejo Alonso (investigadora) e Almundena Cuns Turnes (investigadora). Fontes e lavadoiros do Concello de Santiago. Santiago de Compostela. AQUAGEST. 2002

Arquivo Histórico Universitario. Sección: Fondos municipais. Libro de Consistorios. 1906 (fols. 73v y 106) Aguas. Mazo 3. Exp. 105 (xuño 1932)

Pablo Costa Buján y Julián Morenas Aydillo. Desenvolvemento urbano. Outra arquitectura. Santiago de Compostela 1850-1950. C.O.A.G. Santiago de Compostela. 1989. Páxs. 110-113

José Antonio Tojo Ramallo. Agua y Saneamiento en Santiago de Compostela. Diez siglos de Historia. Aquagest, S. A. 1998. Páxs. 234-235

Fotos actuais


Fotos antigas


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)