
Zona verde
Parque da Alameda
Parroquia
San Fructuoso
Tipoloxía
Fonte ornamental
Cronoloxía
Século XX
Historia
Esta peza substitúe unha fonte anterior que estaba situada neste mesmo emprazamento, pero conserva a idea da pía superior inspirada na antiga fonte do Paraíso. Esta estrutura estaba situada na contorna da catedral e adquiriu gran sona na Idade Media pola súa capacidade e beleza; as pías presentaban un deseño similar a este, segundo podemos apreciar nos restos que dela quedan no claustro catedralicio.
Esta fonte foi restaurada recentemente e foron instalados sistemas para facela máis sustentable (realimentación da auga e iluminación LED).
Descrición
Como sucede coa fonte da Cuncha na entrada ao parque, esta fonte presenta dous niveis distintos, o superior con forma de media laranxa e o inferior, que recolle as augas rebordantes a xeito de estanque.
Rodeada dun pequeno espazo axardinado, esta fonte ten un certo aire escénico ao ofrecer o seu emprazamento unha magnífica panorámica á Cidade Vella; o son da auga enriquece e dinamiza esta bela estampa.
Bibliografía
José Antonio Tojo Ramallo (coordinador e asesor do estudo histórico), Belén Requejo Alonso (investigadora) e Almundena Cuns Turnes (investigadora). Fontes e lavadoiros do Concello de Santiago. Santiago de Compostela. AQUAGEST. 2002
Eduardo Beiras García. El arte del agua. Compostela y sus fuentes públicas monumentales de la Edad Media al siglo XX.Inédita, A Coruña 2012