Zona verde
Parque da Alameda
Parroquia
San Fructuoso
Tipoloxía
Fonte ornamental
Cronoloxía
1932
Historia
Neste emprazamento estivo até 1932 a fonte de mármore que veu do mercado de abastos; daquela estaba acompañada de dúas ramplas de comunicación co paseo superior. O conxunto foi reformado para instalar as escaleiras e aproveitouse para substituír aquela peza por esta especialmente elaborada para este lugar.
Unha das claves da beleza desta fonte está sen dúbida na vexetación que ten ao redor, que é exuberante e vizosa no tempo de primavera pero que en todo o ano enmarca as enormes pías de pedra e completa o son da auga cos olores florais.
Descrición
Esta fonte ornamental é o complemento perfecto á perspectiva que crea o gran paseo central da Alameda; é tamén, xunto coas escaleiras, o elemento que serve de transición entre esta zona máis domesticada e a paisaxe agreste da Ferradura e a carballeira de Santa Susana.
As tres grandes pías de pedra van estreitándose coa altura e remátase cun piñón do que mana a auga; o conxunto é sobrio pero moi equilibrado e elegante do que resulta o seu protagonismo no paseo, pois capta inmediatamente a atención de quen por alí pasea.
Bibliografía
José Antonio Tojo Ramallo (coordinador e asesor do estudo histórico), Belén Requejo Alonso (investigadora) e Almundena Cuns Turnes (investigadora). Fontes e lavadoiros do Concello de Santiago. Santiago de Compostela. AQUAGEST. 2002
Abel Fernández Otero. As fontes de Santiago de Compostela. Tórculo Artes Gráficas S.A.L. Santiago de Compostela. 1993. Páx. 57