mainimg
Código: BO038
-
Auga
Localización

Zona verde

Parque de San Domingos de Bonaval

Barrio

Concheiros-Almáciga-Espírito Santo

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Fonte ornamental

Cronoloxía

1994

Autor

Álvaro Siza e Isabel Aguirre

Historia

Esta fonte foi creada na rehabilitación do espazo do parque, na que debido á gran abundancia de auga subterránea presente no parque, o que fai necesaria a súa xestión e canalización. A auga presente nos xardíns nace dun manancial situado na carballeira, na parte alta dos terreos ocupados polo Parque de San Domingos de Bonaval, e vai sendo conducida a través dun percorrido descendente formado por diversas fontes para salvar o desnivel e chegar ao depósito de auga aloxado baixo o Xardín dos Frades e dende onde ten lugar a rega do parque.

Descrición

Esta fonte é a seguinte despois da do Lavadoiro, polo que é a segunda dende a mina de auga da carballeira, da que brota o líquido do que se alimentan todas as fontes do parque. Esta situada no Campo dos Arcos, de aquí o seu nome.

Consiste nun un tubo metálico de gran lonxitude, por onde sae a auga e cae nunha pía cuadrangular realizada en pedra de xisto. Ten un desaugadoiro formado por unha pedra na que un oco cilíndrico é o encargado de desaloxar a auga manténdoa sempre a un mesmo nivel, de maneira que a bañeira de pedra estea sempre chea de líquido mais sen chegar a desbordar.

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)