
Zona verde
Parque Barcelona
Parroquia
San Fructuoso
Tipoloxía
Escultura
Cronoloxía
2010
Autor
Soledad Penalta
Historia
Esta iniciativa anual, organizada pola AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do/a homenaxeado/a ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe. Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras.
Descrición
Peza escultórica gravada cun poema de Marilar Alexandre, conmemorativa da homenaxe “A Escritora na súa Terra” o 5 de maio de 2010.