Zona verde
Parque da Dársena
Parroquia
San Fructuoso
Tipoloxía
Escultura
Cronoloxía
1978
Autor
José Díaz Fuentes
Descrición
Se hai algunha escultura en Compostela que represente o esperpento vallinclanesco é realizada polo sarrián universal José Díaz Fuentes. Esa visión deformada da realidade, esas personaxes grotescas da literatura do xenio galego, son presentadas con mestría a través desta peza que forma parte do patrimonio plástico da Universidade de Compostela. Unha obra que cambia a forma con cada hora do día e perspectiva amosándonos máscaras pétreas que parecen sorrir, chorar, berrar...
O escultor desenvolveu gran parte da súa carreira en París, aínda que se formou na Escola de Artes e Oficios de Santiago, cidade que lle deixaría fonda pegada e influiría enormente na súa cosmoloxía. Dous anos despois da instalación desta peza, recibiría a Medalla da Academia Europea de Belas Artes e, en 1981, un recoñecemento do Senado francés á súa traxectoria. O monólito da avenida do Burgo das Nacións é un dos máis claros exemplos da proposta estética do artista lucense.
Bibliografía
Micropatrimonio de Compostela - Escultura Contemporánea. Concello de Santiago e Compostela Cultura, 2019