
Zona verde
Praza da Constitución
Parroquia
San Fructuoso
Tipoloxía
Escultura
Cronoloxía
1999
Historia
A violencia de xénero consiste en calquer acto violento nunha situación de desigualdade e relación de dominancia de homes sobre mulleres. Constitúe un atentado contra a liberdade, dignidade e integridade das mulleres, tendo como consecuencia danos físicos, psicolóxicos, sexuais... Até pouco tempo, a violencia de xénero era vista como un problema familiar que non debería transcender as portas das casas, e nin tampouco se debería intervir, debido a que se supoñía ser un problema persoal.
Tratar a violencia de xénero como un problema persoal lexitima ao agresor para manter o seu status dominante, sobre todo por medio de violencia, ademais de reprimir, estigmatizar e avergoñar a vítima, facendo con que a mesma senta culpada e teña medo a denunciar.
A violencia de xénero está presente por todas as partes do mundo desde hai moito tempo, como unha práctica estendida, persistente e devastadora, que deberemos enfrontar para poder erradicala da nosa sociedade.
Descrición
Esta obra está realizada en granito rosa de Porriño e ten unha marcada forma prismática que resulta moi estilizada ao contar con uns dous metros de altura. Dúas das súas caras están pulidas mentres que as outras dúas presentan as irregularidades propias da pedra. Esboza lixeiramente o perfil do corpo feminino, en alusión ás mulleres vítimas da violencia de xénero ás que homenaxea.
Esta homenaxe ás vítimas da violencia de xénero foi situada no ano 1999 na Praza da Constitución, na lateral do paseo do oeste e preto da pista de skate, que converte este punto do parque nun lugar de sensibilización da poboación contra a lacra social da violencia de xénero e na honra da memoria das vítimas.