mainimg
Código: BS063
-
Patrimonio
Localización

Barrio

Sar

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Hórreo

Historia

Os hórreos teñen dende épocas prehistóricas a función de celeiro de cereais (centeo, millo ou paínzo). O hórreo primitivo, neolítico, sería de madeira, circular e sobre piares, para protexer da auga e as rapinas de insectos, roedores e paxaros. Na Idade Media aparecen mencionados xa no século X en Burgos e Huesca, abundando as referencias entre os XII e XIII.

A súas formas e características están condicionadas principalmente polo almacenaxe e secado do millo, un cereal orixinario de América e introducido en Galicia, segundo Fermín Bouza Brey, por Gonzalo de Castro en Mondoñedo no 1604. Foi a partir desta data cando os hórreos cobran unha maior importancia no rural galego, construíndose moitos hórreos nos séculos XVIII e XIX.

As tarefas de curar e desecar o millo condicionan a súa forma: estreito e alto, elevado sobre columnas para estar illado do chan e con aberturas laterais para ventilación, mantendo o grao necesario de humidade e favorecendo a súa conservación.

A voluminosa colleita debe almacenarse para o ano, polo que o hórreo mostra a capacidade produtiva de casa ao ter un volume proporcional á colleita obtida. O seu tamaño, polo tanto, convértese nun elemento de prestixio social ao representar o status da familia á que pertence. Os mellores e máis grandes normalmente eran os que pertencían á Igrexa.

Os hórreos galegos están construídos con materiais locais, que normalmente é madeira, pedra ou mixto. Normalmente son rectangulares, aínda que existen distintas formas de hórreos: redondos, cadrados, octogonais ou en forma de L, adaptándose ao cereal almacenado, ao clima da zona, á cantidade de gran, aos medios económicos dos que se dispoñía ou ás habilidades do construtor.

Descrición

Esta é unha construción popular típica das casas de labranza nos campos galegos, que se situaba preto da eira. Aínda que o nome máis estendido é o de hórreo, segundo a zona tamén pode denominarse cabazo, canastro, celeiro, cabana, caniño ou piorno.

O Hórreo IV de Picaños mide 5,28 metros de longo por 2,19 de ancho e uns 4 metros de altura aproximadamente. É de planta rectangular e construído en materiais tradicionais, como son a pedra e a madeira. A parte inferior, o celeiro, está aberta. A porta de acceso á cámara é de madeira e sitúase na parede costal oeste. O teito é a dúas augas con tella curva do país. Presenta dous remates decorativos, no lado sur un pináculo de sección cuadrangular e unha cruz tamén de sección cuadrangular no lado norte.

Fotos actuais


Fotos antigas


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)