mainimg
Código: PR005
-
Patrimonio
Localización

Parroquia

Figueiras

Información

Tipoloxía

Igrexa

Cronoloxía

Século XII

Descrición

Igrexa parroquial coa nave rectangular e traza románica, datada no século XII, e que sufriu remodelacións ao longo do tempo, como ocorre en moitos templos que foron ampliados para o culto. Teito a dúas augas e tella do país, con remate de pináculos nas esquinas.

Cornixa con canzorros en todo o longo dos penais. A fachada barroca, do século XVIII, case lisa e rebocada en cor branca, amosa enriba da porta alintelada con orelleiras, unha fornela coa figura medieval da Virxe co Neno e abocinada sobre ela. Gran espadana con vans sobre pilastras que fan arcos de medio punto onde están dúas campás, rematada en pináculos nas esquinas e culminando con outro pequeno edículo con oco, e no cumio unha sinxela cruz. Resaltar a riqueza das figuras dos canzorros con insculturas zoomorfas, rosetóns e motivos vexetais. Hai dous agnus deis nos remates dos cumios da cabeceira do edificio.

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)