
Zona verde
Parque da Alameda
Parroquia
San Fructuoso
Tipoloxía
Igrexa
Cronoloxía
1102
Historia
Diego Xelmírez visitou as posesións portuguesas da igrexa compostelá; daquela viaxe trouxo á cidade diversas reliquias que estaban custodiadas na cidade de Braga. Neste pío latrocinio (como o alcuman as crónicas) chegaron a Compostela os restos de San Frutuoso, San Cucufate e Santa Susana.
Para acoller as desta mártir, Xelmírez fixo construír esta igrexa e erixiuna como sé parroquial na reorganización que se fixo das freguesías da cidade durante o seu mandato. Desde aquel tempo, santa Susana foi unha sorte de padroa da cidade e na súa honra tiña lugar cada ano unha concorrida procesión que desaparecería no século XIX pero que influíu decisivamente na conservación do templo e da súa contorna.
Descrición
Este templo preside o vello outeiro dos Poldros e a carballeira e foi construído ao fío da chegada das reliquias de Santa Susana en 1102. Non obstante, experimentou modificacións tanto no século XVII -cando adoptou unha faciana consonte o barroco compostelán- como no XIX -cando se engadiu o actual campanario-. As restauracións do século XX respectaron os cambios, pero recuperaron nela certo sabor medieval. Ten unha mestura de estilos que resulta equilibrada e serena.
Esta igrexa -fóra dos muros da cidade- foi templo parroquial e no seu adro tiveron lugar diversos acontecementos vinculados á historia de Compostela, entre eles moitas asembleas cidadás, como reflicten os documentos máis antigos e como lembra unha inscrición recentemente instalada no lugar.